Patricia Ferreira, Matilde Fernández e Carmen Pérez reciben o premios Diálogos 90

O domingo recibirán a súa distinción no Museo de Castrelos

Son tres mulleres, destinaron a súa traxectoria profesional á cultura e a asociación viguesa Diálogos 90 acaba de nomealas “Viguesas distinguidas”. Patricia Fereira, é a directora de películas como Sei quen es ou Para que non me esquezas; Matilde González é directora da escavación do Castro e realizou numerosas prospeccións en Galicia; e Carmen Pérez Vaquero é unha difusora do galego no eido empresarial a través de colectivos como a Irmandade Xurídica Galega ou o Foro Peinador. O vindeiro domingo a asociación faralles entrega dos galardóns no Museo de Castrelos.