Fotograma de Cela 211
O proxecto promovido por Vaca Films,
Cela 211 é a pelÃcula favorita nesta edición dos Premios Goya. 16 candidaturas, entre elas as de mellor filme, mellor dirección, mellor interpretación masculina protagonista (Luis Tosar) e de reparto (Antonio Resines e Raúl Arévalo) ou a da maquilladora Raquel Fidalgo, viscaÃna de nacemento pero galega de adopción. Alén deste drama carcereiro, Filmax sitúa na final a segunda parte de
Pérez, o ratiño dos teus soños e Continental
Galadas, como mellor canción orixinal. O resultado saberase o 14 de febreiro de 2010 no transcurso da gala que terá lugar no Palacio Municipal de Congresos do Campo das Nacións, de Madrid.