Novas | 201 a 210 de 4165

<< Anterior Siguiente >>

30/10/2023
Os premios da crítica recoñecen a Berta Dávila, Carlos Callón e Tanxugueiras

A Fundación Premios da Crítica daba a coñecer na tarde deste sábado 28 de outubro o fallo do seus galardóns anuais, que entregou por cuadraxésima sexta vez nun acto na sede de Afundación en Vigo. As 56 persoas dos oito xurados deste edición escolleron as propostas vencedoras entre aquelas "presentadas libremente por editoras, produtoras e outras entidades culturais", segundo destaca a organización.. Amplía a nova>>

27/10/2023
A música ao vivo saíu fortalecida da pandemia

A música popular ao vivo presentou a mellor capacidade de recuperación dos efectos da pandemia no sector cultural, acadando cifras de público e recadación que melloran as previas ao 2019, pola contra nas artes escénicas o declive aínda está en fase de recuperación a un ritmo moito máis lento e que amosa datos catastróficos nalgúns casos, malia que as cifras amosen melloría do 2021 ao 2022. O problema, en xeral, non está no número de eventos da oferta cultural, senón na asistencia e nos volumes económicos de recadación que se xeran. Así se desprende dos datos do 'Anuario SGAE 2023 de las Artes Escénicas, Musicales y Audiovisuales' que a Fundación SGAE ven de presentar. Este informe ofrece as principais cifras estatísticas do Estado e das Comunidades Autónomas para coñecer o comportamento do sector cultural e os hábitos de consumo en 2022, así como a súa evolución en comparación cos anos anteriores. . Amplía a nova>>

27/10/2023
Abre o pano o festival Curtas en Vilagarcía de Arousa

Unha proxección con música ao vivo do filme de 1925 A pantasma da ópera inaugura de xeito oficial a 51 edición de Curtas, Festival do Imaxinario de Vilagarcía de Arousa este 27 de outubro. O terror e a ciencia-ficción protagonizan esta xeira do veterano encontro, que se desenvolve ata o vindeiro 5 de novembro con 23 longametraxes e 95 curtas a concurso nas súas tres seccións oficiais.. Amplía a nova>>

23/10/2023
Xacio Baño sae de INTERSECCIÓN con dous premios para a curta 'Non te vexo'

INTERSECCIÓN - Festival Internacional de Cinema da Coruña anunciou o palmarés da súa sexta edición durante a Cerimonia Final celebrada este sábado no Teatro Colón. O realizador Xacio Baño recibiu o Premio do Xurado da Sección Galicia por "Non te vexo", sección na que o xurado fixo dúas mencións especiais para Andrea Zapata por "Ruovesi" e para Santos Díaz por "Din que non falan". Ademais, dentro da sección Galicia, Ariadna Silva coa obra "Friccións", acadou o Premio Contemporánea que levará a peza a exposición nas galerías da Asociación Contemporánea. Na sección de competición internacional o Premio do Xurado foi para Eduardo Williams por "El auge del humano 3". Arturo Franco por "El custodio" foi recoñecido como Mellor Curtametraxe española.. Amplía a nova>>

23/10/2023
Beli Martínez, Mariana Carballal e María Vázquez reciben os galardóns Mulleres no Foco

As actrices Mariana Carballal e María Vázquez, xunto coa produtora Beli Martínez foron as gañadoras da terceira edición dos premios Mulleres no Foco entregados este venres pasado no auditorio da sede de Afundación de Pontevedra, un certame promovido pola Deputación e a Asociación de Mulleres Cineastas e de Medios Audiovisuais, CIMA que ten o obxectivo de darlle visibilidade ao papel da muller no sector do audiovisual. Estas tres profesionais de dilatada e exitosa traxectoria foron as seleccionadas polo xurado, entre un total de vinte nomeadas, que "todas reunides os méritos suficientes para serdes merecedoras do Mulleres no Foco de 2024", admitiu o presidente do ente provincial Luis López. As tres subiron ao escenario a recoller un galardón dotado cun premio de 5.000 euros. . Amplía a nova>>

20/10/2023
A premiada O home e o can estréase en 22 pantallas do país

Este venres 20 de outubro chega ás pantallas galegas a estrea de O home e o can. A premiada longametraxe dirixida por Ángel de la Cruz e protagonizada por Manuel Manquiña e Paula Chaves proxéctase en quince localidade do país cun total de 22 salas cinematográficas.. Amplía a nova>>

18/10/2023
A Semana de Cine Euroárabe AMAL mantén as pontes co mundo árabe

"Ninguén está a salvo" é o lema co que se presenta a vixésima terceira edición da Semana de Cine Euroárabe AMAL, unha cita que usa o audiovisual para tender unha ponte entre dúas culturas tan necesaria como de actualidade estes días. Na presentación do programa de este ano o director de AMAL, o empresario Ghaleb Jaber Martínez, mandou unha mensaxe de "solidariedade e apoio ao pobo do meu pai", o pobo palestino, e condenou os asasinatos de vítimas civís de ambos os bandos. . Amplía a nova>>

17/10/2023
'O Corno' levou xa aos cines a máis de 20.000 persoas

A estrea no circuíto comercial da longametraxe 'O Corno', de Jaione Camborda, convocou máis de 20 mil espectadores nos seus primeiros 5 días nos cines. As cifras desta chegada ao público, que coincidiu coa ponte festiva do 12 de outubro resultan espectaculares no contexto do audiovisual galego recente, cuxa anterior referencia foron os máis de 11.000 espectadores acadados na fin de semana de estrea por 'O que arde' no ano 2019. 'O Corno' estreouse este mércores 11 de outubro nun total de 82 salas en todo o territorio español -24 delas en Galicia-, o que supón a maior estrea en salas dun filme en versión orixinal galega da historia. Despois de acompañar as proxeccións do filme por localidades galegas como A Coruña, Santiago, Vilanova de Arousa, Vigo, Ferrol ou Lugo, o equipo da película continúa esta semana facendo presentacións e coloquios en cines de Madrid e Barcelona.. Amplía a nova>>

16/10/2023
INTERSECCIÓN amosará esta semana na Coruña máis de 150 obras audiovisuais

Este martes, 17 de outubro, comeza INTERSECCIÓN - Festival Internacional de Cine da Coruña, un certame que celebra xa a súa sexta edición e que converte a cidade nun referente do cine de vangarda e da arte audiovisual. A programación de INTERSECCIÓN estenderase ata o próximo 22 de outubro. Os cinéfilos máis inconformistas teñen unha cita na Coruña para gozar de 150 obras audiovisuais, entre elas 29 estreas mundiais e 28 estreas en España, procedentes de máis de 30 países como Israel, China, Xapón, Estados Unidos, Canadá, Francia, Italia, Alemaña, Israel, Malaisia, Uruguai ou Arxentina. Exposicións, actividades paralelas e actividades profesionais complementan unha programación que encherá o Teatro Colón, a Filmoteca de Galicia e a Fundación Luis Seoane de propostas audiovisuais exclusivas. O festival, en colaboración coa Academia de cine, organiza unha actividade para coñecer os Premios Goya desde dentro cos gañadores do Goya Laura Ferrés e Alberto Vázquez.. Amplía a nova>>

16/10/2023
Oito filmes recibirán o apoio do programa Pontevedra, plató de cinema

Catro longametraxes e outras tantas curtas repartirán os 90.000 euros con que a Deputación de Pontevedra apoia as rodaxes cinematográficas na provincia. A convocatoria Pontevedra, plató de cinema achegará 25.000 euros ao proxecto Castelao de Ángeles Huertas, que recibiu a máxima puntuación no apartado de filmes de longa duración.. Amplía a nova>>

<< Anterior Siguiente >>

Noticias|Reportaxes|Historia|Documentos|Certames|Boletíns|Como estar en AVG |Vantaxes de AVG |Avísanos

AVG | O soportal do audiovisual galego | culturagalega.org


Consello da Cultura Galega
Pazo de Raxoi, 2 andar. 15704 Santiago de Compostela (Galicia)
Tfno: 981957202 / Fax : 981957205 / e-mail: redaccion@culturagalega.org