Unha proxección con música ao vivo do filme de 1925 A pantasma da ópera inaugura de xeito oficial a 51 edición de Curtas, Festival do Imaxinario de VilagarcÃa de Arousa este 27 de outubro. O terror e a ciencia-ficción protagonizan esta xeira do veterano encontro, que se desenvolve ata o vindeiro 5 de novembro con 23 longametraxes e 95 curtas a concurso nas súas tres seccións oficiais.
De xeito previo a esa inauguración, a primeira das sesións do apartado Feito en Galicia achegará ás 17 horas as estreas de Co demo no corpo de Antonio Caeiro, Doente de Noelia Sánchez Souto, El visitante de Sergio Pérez e Frenia de Óscar Doviso, que fan parte deste programa canda a outros catro tÃtulos. De todas as curtametraxes seleccionadas, 82 veranse por primeira vez a nivel estatal, a incluÃr dez estreas mundiais.
O festival outorgoulle nesta xeira o seu Premio Mestre do Fantástico ao realizador Lamberto Bava e ao compositor Fabrio Frizzi, ambos italianos,. Tamén recibirá este recoñecemento o director británico Neil Marshall, coñecido pola súa participación en proxectos como Xogo de tronos, Westworld ou os filmes Dog Soldiers ou Constantine.
Unha noite das meigas con postos por diferentes localidades da vila, un mercado de artesanÃa e obxectos curiosos, unha cea temática sobre o filme O exorcista ou un programa especial do SamaÃn o vindeiro 31 de outubro completan as propostas. Todas as proxeccións do festival son de balde.