As actrices Mariana Carballal e MarÃa Vázquez, xunto coa produtora Beli MartÃnez foron as gañadoras da terceira edición dos premios Mulleres no Foco entregados este venres pasado no auditorio da sede de Afundación de Pontevedra, un certame promovido pola Deputación e a Asociación de Mulleres Cineastas e de Medios Audiovisuais, CIMA que ten o obxectivo de darlle visibilidade ao papel da muller no sector do audiovisual. Estas tres profesionais de dilatada e exitosa traxectoria foron as seleccionadas polo xurado, entre un total de vinte nomeadas, que "todas reunides os méritos suficientes para serdes merecedoras do Mulleres no Foco de 2024", admitiu o presidente do ente provincial Luis López. As tres subiron ao escenario a recoller un galardón dotado cun premio de 5.000 euros.