Este martes, 17 de outubro, comeza INTERSECCIÓN - Festival Internacional de Cine da Coruña, un certame que celebra xa a súa sexta edición e que converte a cidade nun referente do cine de vangarda e da arte audiovisual. A programación de INTERSECCIÓN estenderase ata o próximo 22 de outubro. Os cinéfilos máis inconformistas teñen unha cita na Coruña para gozar de 150 obras audiovisuais, entre elas 29 estreas mundiais e 28 estreas en España, procedentes de máis de 30 paÃses como Israel, China, Xapón, Estados Unidos, Canadá, Francia, Italia, Alemaña, Israel, Malaisia, Uruguai ou Arxentina. Exposicións, actividades paralelas e actividades profesionais complementan unha programación que encherá o Teatro Colón, a Filmoteca de Galicia e a Fundación Luis Seoane de propostas audiovisuais exclusivas. O festival, en colaboración coa Academia de cine, organiza unha actividade para coñecer os Premios Goya desde dentro cos gañadores do Goya Laura Ferrés e Alberto Vázquez.