Este venres 20 de outubro chega ás pantallas galegas a estrea de O home e o can. A premiada longametraxe dirixida por Ángel de la Cruz e protagonizada por Manuel Manquiña e Paula Chaves proxéctase en quince localidade do país cun total de 22 salas cinematográficas.
A Coruña, A Estrada, A Rúa, Caldas de Reis, Carballo, Leiro, Lugo, Narón, Ourense, Pontevedra, Ribadeo, Santiago, Seixo, Verín, Vigo, Vilagarcía, Viveiro e Xinzo de Limia son as localidades que poderán ver a produción en pantalla grande nesta primeira semana.
Na película Manquiña dá vida a Manuel, un sexaxenario con disfunción intelectual, que vive só nunha aldea da que nunca saíu. Un accidente do seu inseparable can fai que vaia a cidade na procura de axuda para o salvar. Cando o animal fuxe, Manuel emprende unha busca na que o acompaña Paula, unha menor en acollida.
Entre outros recoñecementos, o filme obtivo o Premio do público na 27 edición do OUFF, Premio Ourense Film Commission, seis galardóns no Festival de Cine de Madrid, o premio do Público John Balan Fest ou premio ao mellor filme do XV Festival Internacional de Cine Sobre Discapacidade de Collado Villalba.