Chega aos cinemas Memorias de un hombre en pijama

O filme está dirixido por Carlos Fernández de Vigo e conta con Ángel de la Cruz e Diana López Varela ao guión

4/1/2019 | Santiago. Redacción | Seccións: Audiovisual
Compartir:

Director, guionistas, boa parte do elenco, unha das tras produtoras e apoio da Axencia Galega das Industrias Culturais. Memorias de un hombre en pijama, a comedia de animación que chega hoxe aos cinemas conta cunha importante presenza galega, a comezar polo labor de Carlos Fernández de Vigo á dirección e de Ángel de la Cruz e Diana López Varela, que asinan o guión canda a Paco Roca, autor valenciano da BD na que se basea o filme. Canda a eles, fan parte do elenco deste proxecto intérpretes do país como Manuel Manquiña, María Castro ou Tacho González. A Axencia Galega das Industrias Culturais achegou 257.000 euros das axudas á produción a este proxecto que a produtora Ézaro Films comparte con Team Concept e Hampa Studio.

Que che parece esta nova?
72 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Carlos Fernández, Guión, Vigo, Axencia Galega das Industrias Culturais...