Engurras leva premio no Festival de Annecy

O autor da BD, Paco Roca, dirixirá unha nova adaptación coa mesma produtora

| Santiago. Redacción | Seccións: Audiovisual
Compartir:

Engurras o filme de animación producido por Perro Verde Films a partir da banda deseñada homónima de Paco Roca, acaba de levar o Premio Especial do Xurado no Festival de Annecy. É a primeira vez que un filme realizado en España, e por suposto, por unha produtora galega, resulta premiado neste evento, considerado a principal cita do mundo no cinema de animación. Perro Verde anunciou tamén que o propio Roca será o encargado de dirixir a vindeira adaptación de Memorias de un hombre en pijama, outra obra súa. Canda a el, repetirá boa parte do equipo de realizou Engurras

Que che parece esta nova?
83 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Animación, Banda deseñada, Cine