O filme Engurras é preseleccionado para os Óscars na categoría de animación

Trátase da adaptación cinematográfica no cómic homónimo do ilustrador Paco Roca

| Santiago. Redacción | Seccións: Audiovisual
Compartir:

Despois da boa acollida no Festival de San Sebastián, onde obtivo un apoio unánime da crítica, o filme Engurras figura entre o listado de cintas preseleccionadas aos Óscars. O filme producido pola produtora coruñesa Perro Verde Films, con guión de Ángel de la Cruz e música de Nani García, consiste na adaptación cinematográfica do cómic homónimo do ilustrador Paco Roca baseado no alzheimer. Tintin, Cars 2, Chico y Rita son algúns dos traballos cos que compite e que poderán pasar a ter a categoría de candidatos unha vez sexan estreados neste ano nunha sala comercial en Los Ángeles. A partir de aí iniciarase o proceso de selección dos candidatos por parte dos membros da Academia de Cine. A produción chegará as carteleiras españolas no vindeiro 2012.

Que che parece esta nova?
49 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Para saber máis
Ligazóns externas

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Cine, Cómic, Animación, Nani García...

Claves

Protagonistas