A produtora Perro Verde adaptará a BD Arrugas de Paco Roca

A obra valeulle ao seu autor o Premio Nacional de Cómic do Ministerio

25/3/2009 | Santiago. Redacción | Seccións: Arte
Compartir:

A historia do álbum de BD Arrugas, de Paco Roca, terá unha versión animada en cine de man da produtora galega Perro Verde Films. A adaptación cinematográfica da obra contará coa dirección de Ignacio Ferreras e guión do propio Roca e mais Ángel de la Cruz. A produtora adiantou que conta co actor José Sacristán para pórlle voz ao autor protagonista e con Piti Sanz e Iván Aledo a cargo da banda sonora. Arrugas foi a obra que lle outorgou a Paco Roca o Premio Nacional de Cómic 2008, outorgado polo Ministerio de Cultura, e leva xa máis de 17.000 exemplares vendidos. A obra, ambientada nunha residencia da terceira idade, está centrada na problemática do Alzheimer.

Que che parece esta nova?
31 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Cómic, Cine, Piti Sanz, Guión...

Claves

Protagonistas
Conceptos