Novas | 21 a 30 de 4234

<< Anterior Siguiente >>

12/06/2025
O OUFF estrea residencia audiovisual

Faíscas é o nome que a organización do Ourense Film Festival lle deu á súa primeira residencia audiovisual. Esta proposta, dirixida a persoas de menos de 30 anos, permitirá ás propostas seleccionadas desenvolver os seus proxectos de filmes, para o que disporán de 5 días de rodaxe e montaxe.. Amplía a nova>>

11/06/2025
Curtocircuíto tomará espazos e rúas de Santiago o vindeiro 1 de xullo

O Festival Internacional de Cinema Curtocircuíto, organizado polo Concello de Santiago de Compostela inaugurarase o vindeiro 1 de xullo coa estrea estatal do último traballo de Lois Patiño, Ariel. Será o comezo dunha vixésimo segunda edición reformateada do evento, que cambia en canto a datas e tamén na súa formulación espacial, combinando entre o 1 e o 6 de xullo a súa programación nas sedes habituais coa presenza no espazo público da capital galega. O festival ven de dar a coñecer moitas das claves da súa programación, desde a citada película de inauguración ata os filmes participante na sección Planeta GZ, dedicada ao cinema galego. Ademais tamén deu a coñecer os filmes dos creadores emerxentes participante na sección Supernova. A sesión especial Terra estará dedicada este ano ao cineasta e artista visual Adrián Canoura.. Amplía a nova>>

10/06/2025
As axudas ao desenvolvemento audiovisual baixan aos 300.000 euros

O Diario Oficial de Galicia deste 9 de xuño publicaba as bases das subvencións para o desenvolvemento de proxectos audiovisuais galegos. Esta liña de axudas conta en 2025 cun orzamento total de 300.000 mil euros, 140.000 menos do que no ano anterior, cando a Axencia Galega das Industrias Culturais ampliara o crédito previsto inicialmente para as mesmas.. Amplía a nova>>

06/06/2025
'Sirat' chega hoxe ás salas de cine

Máis de 140 salas de cine de todo o territorio español proxectarán hoxe 'Sirat. Trance en el desierto' o novo filme de Oliver Laxe. Xa designada como "a película máis agardada do ano", 'Sirat' chega aos cines tras o seu exitoso paso polo Festival Internacional de Cannes, onde acadou o Premio do Xurado, e polos antecedentes do seu laureado realizador. O filme, unha produción de Movistar+ coa produtora dos irmáns Almodovar, El Deseo, contará cunha importante distribución por todo o país. As principais salas de Galicia, nas catro provincias, acollerán hoxe a estrea desta longametraxe, nalgunhas delas, coma na NUMAX, programaranse pases que contarán coa presenza do director, Oliver Laxe, para establecer un coloquio cos espectadores. . Amplía a nova>>

05/06/2025
O IX Premio Begoña Caamaño recoñece a Illa Bufarda e a Mala Herba Producións

A Deputación da Coruña daba a coñecer este 4 de xuño o fallo do IX Premio Begoña Caamaño á acción cultural pola igualdade de xénero. A produtora audiovisual Illa Bufarda fíxose co galardón que recoñece unha traxectoria, mentres Mala Herba Producións obtivo o que se destina á mellor iniciativa. Cada unha das categoría conta cunha dotación de 6.500 euros.. Amplía a nova>>

02/06/2025
Lucía Veiga é a nova presidenta da Academia Galega do Audiovisual

A Academia Galega do Audiovisual daba a coñecer este 30 de maio a composición da súa nova xunta directiva. A actriz Lucía Veiga presidirá a entidade ao longo dos vindeiros dous anos, sendo a terceira muller que ocupa o cargo.. Amplía a nova>>

28/05/2025
A ficción en serie reúnese en Vigo

Co actual peso das plataformas dixitais no sistema do audiovisual o formato das series está no epicentro da produción cunha forza e vitalidade que é imposible negar. Entre o 29 e o 31 de maio, a cidade de Vigo acollerá a Iª Edición do Festival Internacional de Series Ría de Vigo, un evento que reunirá a actual creación audiovisual deste formato. Destacadas figuras do sector audiovisual nacional e internacional achegaranse a este encontro que aspira a consolidarse como unha cita dentro do circuíto internacional de festivais. . Amplía a nova>>

26/05/2025
A curta 'Curmán' acada catro galardóns en Cans

O Festival de Cans pechou a súa XXIIª edición repartindo o seu palmarés nas diversas seccións de competición oficial e tras realizar as súas homenaxes a realizadores como Alfonso Zarauza e Daniel Sánchez Arévalo. A curta 'Curmán' foi elixida polo xurado como gañadora na sección de Ficción e levou ata catro galardóns. 'Curmán', película debut como director do ata agora actor Alejandro Jato narra a perda de inocencia do protagonista. O filme triunfou na noite de galardóns engadindo o premio a Mellor Actriz para Melania Cruz, Mellor Fotografía para Alicia Francés e o premio do Xurado de veciños. . Amplía a nova>>

26/05/2025
O premio de Cannes lanza a proxección internacional de 'Sirât'

O triunfo da nova película de Óliver Laxe, 'Sirât', acadando o Premio do Xurado 'ex-aequo' (xunto co filme xermano ' In die sonne schauen' de Mascha Schilinsk) no Festival Internacional de Cannes, impulsa con entusiasmo esta produción cara a súa promoción internacional. Coa validación deste importante galardón, o filme iniciará agora un percorrido que augura vindeiros recoñecementos, tanto en festivais coma nas vindeiras edición de premios como os Goya ou Mestre Mateo do vindeiro ano. Ademais xa está confirmada a preparación dunha campaña de promoción da película nos circuítos de autor de EE.UU. o que leva a considerar seriamente as súa opcións como representación do cine español na vindeira edición dos Oscar. Recén chegado de Cannes a Galicia, Laxe foi directo a Navia de Suarna en Lugo, á aldea de Vilela de onde é orixinaria a súa familia e onde mantén a casa familiar, para facer alí a pre-estrea ante público local, os seus conveciños, do filme galardoado polo prestixiosos xurado do festival francés. Alí foron a acompañalo e felicitalo numerosas autoridades, como o conselleiro de Cultura, Lingua e Xiventude, José López Campos, entre outros. . Amplía a nova>>

23/05/2025
Chega aos cines 'Antes de nós'

Despois de ter a súa preestrea onte na Coruña, 'Antes de nós', o filme sobre Castelao con guión de Pepe Coira, produción de Zaza Ceballos e dirixido pola cineasta Ángeles Huerta (Gijón, 1974) chegará este venres 23 ás salas de cine. Nesta primeira semana estará dispoñible en localidades e cidades como A Estrada, A Coruña, Barcelona, Cee, Ferrol, Lleida, Lugo, Madrid, Narón, Ourense, Oviedo, Pamplona, Pontevedra, Sant Feliu de Llobregat, Santiago de Compostela, Valladolid, Vigo ou Viveiro. . Amplía a nova>>

<< Anterior Siguiente >>

Noticias|Reportaxes|Historia|Documentos|Certames|Boletíns|Como estar en AVG |Vantaxes de AVG |Avísanos

AVG | O soportal do audiovisual galego | culturagalega.org


Consello da Cultura Galega
Pazo de Raxoi, 2 andar. 15704 Santiago de Compostela (Galicia)
Tfno: 981957202 / Fax : 981957205 / e-mail: redaccion@culturagalega.org