Máis de 140 salas de cine de todo o territorio español proxectarán hoxe 'Sirat. Trance en el desierto' o novo filme de Oliver Laxe. Xa designada como "a pelÃcula máis agardada do ano", 'Sirat' chega aos cines tras o seu exitoso paso polo Festival Internacional de Cannes, onde acadou o Premio do Xurado, e polos antecedentes do seu laureado realizador. O filme, unha produción de Movistar+ coa produtora dos irmáns Almodovar, El Deseo, contará cunha importante distribución por todo o paÃs. As principais salas de Galicia, nas catro provincias, acollerán hoxe a estrea desta longametraxe, nalgunhas delas, coma na NUMAX, programaranse pases que contarán coa presenza do director, Oliver Laxe, para establecer un coloquio cos espectadores.