Chega ás salas Mimosas de Óliver Laxe

A compostelá Numax acolle mañá a estrea coa presenza do director

4/1/2017 | Santiago. Redacción | Seccións: Audiovisual
Compartir:

O teatro Rosalía de Castro da Coruña acolle ás 20:30 horas de hoxe a preestrea de Mimosas. A premiada longametraxe de Óliver Laxe chega ás salas esta semana, e terá a súa posta de longo na compostelá sala Numax, cooperativa que se encarga da distribución da fita. O propio director presentará o seu traballo e participará nun coloquio na sesión de estrea, mañá ás 18 horas, e estará tamén presente no pase previsto para as 20:30. Laxe tamén impartirá o vindeiro día 14 no mesmo local unha aula na que afondará no percorrido creativo que deu pé ao filme.

Que che parece esta nova?
42 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Numax, Rosalía de Castro, Teatro, Teatro Rosalía de Castro da Coruña...