A ficción en serie reúnese en Vigo

Celébrase estes días o Iº Festival de Series Ría de Vigo

28/5/2025 | Redacción: Santiago. Redacción | Seccións: Audiovisual
1 lecturas | Compartido 0 veces

Co actual peso das plataformas dixitais no sistema do audiovisual o formato das series está no epicentro da produción cunha forza e vitalidade que é imposible negar. Entre o 29 e o 31 de maio, a cidade de Vigo acollerá a Iª Edición do Festival Internacional de Series Ría de Vigo, un evento que reunirá a actual creación audiovisual deste formato. Destacadas figuras do sector audiovisual nacional e internacional achegaranse a este encontro que aspira a consolidarse como unha cita dentro do circuíto internacional de festivais.
No evento poderán verse proxeccións de series como 'La Canción' (Movistar Plus+), 'Cicatriz' (Amazon Prime Video), e será o espazo elixido para a estrea de 'Lume', a nova produción da Televisión de Galicia. A Estación Marítima será o punto de encontro deste evento ao que acudirán profesionais de varios países e o que haberá coloquios ante o público. A programación concluirá cunha gala de clausura na que se outorgará un premio á mellor serie proxectada, ademais dunha mención honorífica..
Ligazóns externas

Universo culturagalega.gal

Contextos

Claves

Conceptos