Lena, Os luns ao sol, Ilegal son algunhas películas rodadas en Vigo. Pero o concello pretende que sexan moitas máis e que se amplíe tamén a curtametraxes, anuncios ou series televisivas. Por iso, acaba de poñer en marcha a Vigo Film Office. Integrada dentro das actividades do “Vigo Convention Bureau” pretende facilitar as produtoras os seu traballo audiovisual tanto a nivel galego como internacional.



