
De Illa Bufarda, o xurado valorou "a súa produción audiovisual, que mestura o ensaio coa fotografÃa dende unha permanente e poliédrica ollada feminista". Tamén destacou "o seu compromiso coa lingua e o rescate da memoria das mulleres galegas, das traballadoras e das creadoras, cuestións que se reflicten ao longo da súa obra".
Encol Mala Herba Producións, o fallo sinala "que a cuestión da igualdade de xénero e LGTBI sexa a base do seu traballo de xeito transversal e central, ademais da defensa dos dereitos sociais, a súa labor de formación e visibilización do talento feminino no sector audiovisual e a utilización da cultura como ferramenta de transformación social".
A deputada de Cultura, Natividade González, presidiu o xurado, no que participaron como vogais Alexandre Garrido López, Beatriz Maceda, Carme Fernández Pérez-Sanjulián, Antares Pérez GarcÃa-Zabarte e Alberte Mera. Como secretaria actuou Manuela Muñiz Souto, xefa do servizo provincial de Acción Social, Cultural e Deportes. Segundo comunica a institución provincial, presentáronse seis propostas aos galardóns.