O triunfo da nova pelÃcula de Óliver Laxe, 'Sirât', acadando o Premio do Xurado 'ex-aequo' (xunto co filme xermano ' In die sonne schauen' de Mascha Schilinsk) no Festival Internacional de Cannes, impulsa con entusiasmo esta produción cara a súa promoción internacional. Coa validación deste importante galardón, o filme iniciará agora un percorrido que augura vindeiros recoñecementos, tanto en festivais coma nas vindeiras edición de premios como os Goya ou Mestre Mateo do vindeiro ano. Ademais xa está confirmada a preparación dunha campaña de promoción da pelÃcula nos circuÃtos de autor de EE.UU. o que leva a considerar seriamente as súa opcións como representación do cine español na vindeira edición dos Oscar. Recén chegado de Cannes a Galicia, Laxe foi directo a Navia de Suarna en Lugo, á aldea de Vilela de onde é orixinaria a súa familia e onde mantén a casa familiar, para facer alà a pre-estrea ante público local, os seus conveciños, do filme galardoado polo prestixiosos xurado do festival francés. Alà foron a acompañalo e felicitalo numerosas autoridades, como o conselleiro de Cultura, Lingua e Xiventude, José López Campos, entre outros.
O premio de Cannes lanza a proxección internacional de 'Sirât'
O filme de Oliver Laxe xa se promove como posible candidata aos Oscar
