Novas | 1711 a 1720 de 4220

<< Anterior Siguiente >>

12/07/2013
Un proxecto fílmico reflexionará sobre Nimbos, o poemario de Díaz Castro

“Para poñer en marcha algunhas cousas abonda un correo electrónico”. Así, cun mail, comezou o proxecto Nimbos. É unha iniciativa promovida por Martin Pawley, Xurxo Chirro e José Manuel Sande que remitiron un correo electrónico a 30 realizadores co obxectivo de facer un audiovisual arredor de Nimbos, a obra poética de Xosé maría Díaz Castro, o vindeiro homenaxeado no Día das Letras Galegas. Segundo explican no blog Acto de primavera, unha vintena deles xa confirmaron a súa adhesión a esta proposta. A cada un pedíronlle que fagn unha peza curta a partir dun dos poemas da obra. Liberdade total só suxeita a dúas condicións: que dure entre 1 e 5 minutos máis evitar o uso íntegro e literal dos poemas.. Amplía a nova>>

11/07/2013
O futuro do sector audiovisual galego debátese en Celanova

Dunha banda conferencias e da outra un seminario de carácter práctico. Nas xornadas de debate profesionais e especialistas tentarán debuxar un panorama dos novos formatos e produtos así como proporán ideas de cara ao futuro. No seminario práctico, Celanova, plató de ficción, dirixido por Paulino Pérez Feijoo e destinado especificamente a alumnos de Comunicación Audiovisual, deberán facer unha webserie de tres capítulos con orzamento pechado. A cita é un clásico no programa formativo do sector audiovisual galego e está organizado pola Fundación Carlos Casares, a Axencia Galega das Industrias Culturais e o concello de Celanova. . Amplía a nova>>

10/07/2013
Jacobo Sutil: “Prefiro a concorrencia competitiva no apoio da administración ao sector”

Non será ata 2014 cando realmente se poida apreciar a xestión de Jacobo Sutil á fronte da Axencia Galega das Industrias Culturais. Este 2013 será para dialogar co sector, coñecer as súas demandas e instrumentar políticas. Mentres tanto, no sector audiovisual seguirá na mesma liña con algunha corrección nas bases de axudas e manter todas as liñas que existían no pasado aínda que sexan con importes baixos. De momento, coa integración do Centro Galego de Artes da Imaxe baixo o seu paraugas e o nomeamento de Dolores Meijomín á fronte do departamento de política audiovisual, o sector xa ten o esqueleto institucional para recuperar músculo. . Amplía a nova>>

08/07/2013
Aude e Carlos de Carvalho e Jori Cristiaens premiados nesta edición de Mundos Dixitais

Esta fin de semana pechou as súas portas na Coruña a duodécima edición do festival Mundos Dixitais, un referente de animación, efectos especiais e aquitectura dixital. Un encontro que esgotou as entradas en boa parte das actividades do programa, dando conta da demanda desta actividade. Como ben sendo habitual, a clausura coincidiu coa entrega de premios. A curtametraxe Premier Automne, de Aude e Carlos de Carvalho, recibiu dous premios: mellor curta de animación e o premio especial do xurado. En Beerbug, de Ander Mendía recaeu o premio a mellor curta nacional e o publico concedeu o seu premio a 850 meters de Jori Cristiaen. O premio especial de Mundos Dixitais foi para Féliz Bergés, pola súa carreira profesional como creador de efectos especiais, entre eles Lo imposible, filme do que falou nesta edición. . Amplía a nova>>

08/07/2013
Dolores Meijomín coordinará a política audiovisual da Xunta

O pasado venres celebrouse unha xuntanza do Consello Reitor de Agadic na que se decidiu, entre outras cousas, designar a Dolores Meijomín (Lalín, 1970) como coordinadora do Departamento de Política Audiovisual. Entre as súas funcións destaca, segundo unha nota de prensa de Agadic, "impulsar a relación entre os distintos axentes culturais galegos no ámbito do audiovisual e os seus posibles aliados no exterior, ademais de establecer programas de cooperación cara a promoción do audiovisual galego con outros centros de similares características ás da Agadic". Meijomín leva anos vencellada á política audiovisual en diferentes departamentos como a secretaría xeral de Medios ou o Consorcio Audiovisual Galego pero tamen na propia Agadic, onde se encargaba da presenza do sector audiovisual nas feiras sectoriais (EFM de Berlín, Miptv, Mipcom e Marché du Film de Cannes, Ventana Sur de Bos Aires, etc.) e en festivais internacionais.. Amplía a nova>>

05/07/2013
Popular TV Galicia pecha o 31 de xullo

Popular TV Galicia pechará as súas emisións o 31 de xullo. Así o decidiu a Xunta de Accionistas, conformada polos bispos das cinco dióceses galegas canda unha participación minoritaria da cadena COPE, debido á "falta de investimento publicitario privado e aos limitados ingresos de publicidade institucional". Popular TV Galicia levaba sete anos emitindo, e fora adxudicataria do concurso de licenzas de TV autonómica aberto polo goberno de Manuel Fraga en 2005. O equipo de Popular TV está conformado por 20 empregados e colaboradores. . Amplía a nova>>

05/07/2013
Morre o actor Tucho Lagares

O actor Tucho Lagares finou onte na Coruña aos 81 anos. Lagares, cunha dilatada traxectoria en cine, teatro, televisión e mesmo zarzuela. Iniciouse no audiovisual galego nos anos 80 e foi actor de reparto nalgunhas das series máis coñecidas dos últimos anos en Galicia, como Mareas Vivas, As Leis de Celavella ou Pratos combinados. . Amplía a nova>>

02/07/2013
Boaventura de Sousa inaugura as entrevistas de Galiza Ano Zero

Boaventura de Sousa é un dos principais intelectuais da área das ciencias sociais. Con el, Galiza Ano Zero inaugura as súas entrevistas, un dos contidos destacados nesta nova forma de entender a televisión. Hoxe ademais, continúan as presentación do proxecto por Galicia adiante. Logo dunha presentación en Vigo, chega a quenda de Santiago (Gentalha do Pichel hoxe ás 20:00 horas), Pontevedra (Liceo Mutante, xoves 4) ou Ourense (Café cultural Auriense, sábado 6). . Amplía a nova>>

01/07/2013
Mundos Dixitais repite formato na Coruña como referente en novas tecnoloxías

Nomes de primeiro nivel no sector da animación, efectos dixitais e arquitectura dixital, presentacións (como a de Fast and Furious 6) e a entrega de premios, en director, de varios certames. Entre eles, o de animación (en sección competitiva figura a produción galega Maruxiña, meu amor de Jorge costas) e os 3DAwards de arquitectura dixital. As xornadas de reclutamento que son xa un reclamo profesional repiten na programación deste certame que se desenvolve entre o 4 e o 6 de xullo. Este ano, o certame contou cunha xornada prólogo en Madrid, que tivo lugar o pasado 21 de xuño. . Amplía a nova>>

01/07/2013
Agadic recupera as axudas a talento

Logo dun ano sen convocarse, a Axencia Galega das Industrias Culturais (Agadic) acaba de facer pública a través do DOG de hoxe (1 de xullo) a convocatoria das axudas a talento. A contía que se reserva para este fin é de 66.000, moi lonxe dos 150.000 convocados en 2011 e máis aínda dos 500.000 da orde de axudas de 2009. . Amplía a nova>>

<< Anterior Siguiente >>

Noticias|Reportaxes|Historia|Documentos|Certames|Boletíns|Como estar en AVG |Vantaxes de AVG |Avísanos

AVG | O soportal do audiovisual galego | culturagalega.org


Consello da Cultura Galega
Pazo de Raxoi, 2 andar. 15704 Santiago de Compostela (Galicia)
Tfno: 981957202 / Fax : 981957205 / e-mail: redaccion@culturagalega.org