28/06/2013
Antonio Mourelos continuá á fronte da Academia Galega do Audiovisual
Era a única candidatura e saíu elexido novamente. Antonio Mourelos repite como presidente da Academia Galega do Audiovisual. No seu equipo continúan o xornalista Xaime Arias, o director Jorge Coira, o guionista Daniel D. García, as produtoras Sara Horta e Emma Lustres, o decano da Facultade de Ciencias da Información da USC Xosé Pereira e o actor Luís Tosar. Súmanselle dous nomes novos: o director de ficción David Martínez, e a guionista, produtora e xornalista María Yáñez. Estarán no cargo dous anos..
Amplía a nova>>
25/06/2013
Vikingland recibe o Premio da critica internacional no Festival Lima Independiente!
.
Amplía a nova>>
21/06/2013
Os cines de Ourense están á venda
Son os únicos cines que existen en Ourense, sitos no centro comercial Ponte Vella, e están á venda. A compañía que os xestionaba, Ábaco-Cinebox entrou en liquidación ao non poder facer fronte á súa débeda, á que chega logo de saír dun concurso de acreedores no ano 2011. A solución pasa por diferentes vías como xa utilizou noutros recintos que xestionaba a empresa. En Naron traspasou o negocio a outra maiorista, Odeón, mentres que en Pontevedra os cines pecharon. Neste caso propuxéronlle ao centro comercial no que se situaba (a empresa pública Adif) a cesión dos seus espazos a cambio da débeda pero non chegaron a un acordo. De momento, en Ourense os cines permanecen abertos na procura dunha solución que pode chegar en vía de traspaso a un novo propietario..
Amplía a nova>>
20/06/2013
A Xunta aproba a convocatoria dos Premios da Cultura Galega 2013
O Consello da Xunta aprobou hoxe a nova edición dos Premios da Cultura Galega, cos cales se recoñece o traballo destacado de entidades e persoas nos ámbitos das letras, das artes plásticas, das artes escénicas, da música, do audiovisual, da lingua, do patrimonio cultural e da proxección cultural de Galicia no exterior. A convocatoria de 2013 publicarase nos próximos días no Diario Oficial de Galicia para que, desde ese momento, as candidaturas poidan ser presentadas por institucións e entidades culturais ou profesionais, públicas ou privadas, relacionadas co obxecto de cada premio. .
Amplía a nova>>
18/06/2013
Os traballos de Lois Patiño abren un ciclo dedicado ao Novo Cinema Galego
Bilbao Arte é un centro de producción artística, dependente da Área de Cultura do concello de Bilbao que onte iniciou un ciclo dedicado ao Novo Cinema Galego. A primeira sesión tivo lugar onte cunha conferencia inaugural a cargo de Martin Pawley, comisario do ciclo, previa a proxección dos traballos de Lois Patiño. O propio Patiño estivo presente no coloquio posterior que xuntou a programadores e críticos galegos para falar do movemento. O ciclo, que se estende ata mañá continúa coa proxección dos traballos de Xacio Baño, Otto Roca, Xurxo Chirro, Marcos Nine e Margarita Ledo..
Amplía a nova>>
17/06/2013
O Apóstolo leva o premio do público en Annecy
O director do
O Apóstolo, Fernando Cortizo, recollía na noite de sábado o Premio do Público do festival de Annecy ao seu filme. Os asistentes a esta cita, considerada a máis importancia no campo da animación en Europa, recoñeceron esta produción galega, a primeira do continente en ser gravada mediante animación stop-motion en tres dimensións. O festival contou con 236 películas seleccionadas,das casi 2.500 que se recibiron desde 88 países..
Amplía a nova>>
14/06/2013
O CGAI regresa á Consellaría de Cultura tras integrarse en Agadic
Era unha vella reivindicación do sector e un dos flecos finais para que a unificación das competencias do sector audiovisual fose definitiva. O Centro Galego de Artes da Imaxe, adscrito desde 2005 a Presidencia da Xunta de Galicia, regresa definitivamente a Cultura. Faino a través da Axencia Galega das Industrias Culturais (AGADIC). Así o constata hoxe a disposición adicional quinta do Decreto 88/2013 que fixa a estrutura orgánica dos órganos superiores e de dirección dependentes da Presidencia da Xunta de Galicia. .
Amplía a nova>>
14/06/2013
Morre o actor Xosé Manuel Olveira "Pico"
Tras unha longa enfermidade, o actor Xosé Manuel Olveira "Pico" morreu esta tarde en Santiago de Compostela aos 58 anos de idade. "Pico" foi un dos máis destacados actores galegos destas dúas últimas décadas, cunha extensa carreira no cine e no teatro. Comezou a actuar en 1972 co grupo de teatro Ditea. No cine, as súas últimas películas foron
Somos xente honrada (2012, en estrea estes días),
Doentes (2011),
18 comidas ou Retornos (2011), ademáis de participar en boa parte das series de éxito da Televisión de Galicia, como
Mareas Vivas ou
Pratos combinados. A capela ardente cos seus restos mortais está instalada no Tanatorio de Boisaca (Sala 7) e o cadáver será inicinerado na intimidade familiar..
Amplía a nova>>
12/06/2013
Os cines Valle Inclán pechan o vindeiro 30 de xuño
É a fin dun ciclo. Os cines Valle Inclán de Santiago, os únicos que quedaban no centro da cidade, pechan a súa actividade. Farano o vindeiro 30 de xuño poñendo fin a trinta anos de proxeccións. Arrincaron en maio de 1983 cunha sesión de curtametraxes galegas froito do patrocinio de Víctor Ruppen logo da que continuou cun perfil de traballo estritamente comercial pero con cabida para o cinema de autor e independente. Naceu da man de Vicigasa que trasladou a Santiago un modelo de programación que desenvolvía o grupo Musidora e as salas Alphaville de Madrid. Pero a crise do sector e a competencia do centro comercial aberto recentemente fixeron inviable o proxecto e cesa a actividade. Con eles pecha un complexo de seis salas con 803 butacas e se reduce a oferta cinematográfica da capital galega. .
Amplía a nova>>
12/06/2013
Cineasta por vocación
Non é ningunha sorpresa afirmar que Roberto Vidal Bolaño (1949-2002) sempre quixo ser un cineasta. De feito, foron razóns cronolóxicas as que o impediron. “Cando ía estudar cine pechou a escola en Madrid e el sabía que en Galicia iso era un imposible” asegura Roi Vidal Ponte, o seu fillo, que está a elaborar unha biografía sobre a súa figura. Pero era un home teimudo e, na medida que puido fixo a súa contribución ao audiovisual galego. Aínda que esa faceta é a menos recoñecida neste ano que se recupera a súa figura tras serlle dedicado o Día das Letras Galegas..
Amplía a nova>>