Era unha vella reivindicación do sector e un dos flecos finais para que a unificación das competencias do sector audiovisual fose definitiva. O Centro Galego de Artes da Imaxe, adscrito desde 2005 a Presidencia da Xunta de Galicia, regresa definitivamente a Cultura. Faino a través da Axencia Galega das Industrias Culturais (AGADIC). Asà o constata hoxe a disposición adicional quinta do Decreto 88/2013 que fixa a estrutura orgánica dos órganos superiores e de dirección dependentes da Presidencia da Xunta de Galicia.
O propio texto do decreto explica que foron as recomendacións da Dirección Xeral de Avaliación e Reforma Administrativa atentendo a cuestións funcionais as que motivan a decisión de que o Centro Galego de Artes da Imaxe (creado polo Decreto 210/1989, do 5 de outubro) se integre na Axencia Galega de Industriais Culturais (Agadic). Foi en 2005, co reparto de competencias entre os dous partidos de coalición (PSdeG e BNG) cando o sector audiovisual se divideu entre a daquela ConsellarÃa de Cultura e Deporte e Presidencia (Consorcio Audiovisual de Galicia e CGAI).