10/06/2013
O Telexornal incluirá unha axenda cultural de carácter semanal
Descrición do espectáculo, onde estará e os días de exhibición da montaxe que poderá ser de teatro, danza, maxia ou calquera disciplina cultural. Esta é a información dos espectáculos que conformarán a axenda semanal que o Telexornal inaugurou esta fin de semana. O novo espazo é posible por mor dun convenio entre a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria e Televisión de Galicia (TVG). A axenda situarase despois do bloque dedicado bloque dedicado aos deportes e inmediatamente a continuación da carteleira de estreas cinematográficas. .
Amplía a nova>>
10/06/2013
A Puerta Fría vence no I Festival de Cine e TV Camiño de Santiago
Iolanda Vázquez e Manuel Manquiña conduciron a gala de clausura do I Festival de Cine e Televisión Camiño de Santiago. Un encontro que pretendía servir de referente do audiovisual feito no Estado e que abriu o seu palmarés concedendo o seu premio grande (10.000 euros) a
A Porta Fría dirixida por Xavi Puebla e protagonizada por Antonio Dechent e María Valverde. De feito, a actriz protagonista foi tamén galardoada por polo seu papel na película. O premio a mellor actor foi para Dario Grandineti, polo seu papel en
Inevitable , do director galego Jorge Algora. Esta fin de semana, tamén concluíu a cuarta edición do Súper8, un festival que bateu marcas de asistencia e concentrou a 8.000 persoas entre as sesións e actividades programadas. .
Amplía a nova>>
07/06/2013
A entrega de premios pon fin ao I festival de cine e televisión Camiño de Santiago
Hoxe remata o I Festival de Cine de Televisión Camiño de Santiago. Faino cunha gala na que se entegarán os premios a mellor película (dotado con 10.000 euros), mellor actriz e mellor actor. Pero non serán os únicos galardóns, xa que tamen hai premios para a mellor traxectoria audiovisual que este ano recae na actriz María Pujalte; ou para a mellor serie nacional que é para o traballo Gran Hotel que produce Bambú producións, liderada polo galego Ramón Campos. O premio Estela Solidaria vai para a Asociación AGARESO (Asociación Galega de Reporteiros Solidarios) polo traballo
As outras voces de Israel e Palestina, dirixido por Luisa Pérez Puga..
Amplía a nova>>
05/06/2013
O último filme de Xavier Bermúdez, O ouro do tempo, competirá en Karlovy Vary
Alfredo Méndez (Ernesto Chao) é un médico que leva corenta anos conservando o cadáver crioxenizado da súa muller trala súa morte. Como a súa saúde foi mermando, contrata a Corona (Nerea Barros), unha enfermeira nova que fai as veces de criada. Esta é a sinopse de
O ouro do tempo,o último filme de Xavier Bermúdez que compite na sección oficial do 48 Festival Internacional de Cine de Karlovy Vary (República Checa). Este traballo, rodado en galego e en Vedra, contou coa participación da CRTVG e unha subvención de Agadic (323.239,44 euros a produción). Este certame é xa coñecido por Bermúdez, lugar ao que asistiu en 2004 con
León e Olvido. O festival terá lugar do 28 de xuño ao 6 de xullo e entregaralle a Oliver Stone o Globo de Cristal, premio especial pola contribución ao mundo do cine..
Amplía a nova>>
05/06/2013
A cinematografía sonora de George Méliès abre o Super8 na Coruña
Hoxe comeza a cuarta edición do Festival de Cinema Super8 da Coruña. Unha cita que ten un arranque moi atractivo co cine-concerto Georges Méliès. Os descendentes do pioneiro cineasta francés ofrecerán unha escolma dos seus filmes, ambientados e sonorizados con narración e improvisacións en vivo. Os traballos foron restaurados pola asociación "Les amis deGeorges Méliès‐Cinémathèque Méliès.” Con el arrincan catro días de traballos independentes e arriscados que se desenvovlerán en varias sedes. Destaca entre elas a Fundación Seoane que exhibirá os traballos de Lois Patiño..
Amplía a nova>>
04/06/2013
Lima Independente exhibirá o traballo de Xurxo Chirro, Vikingland
Ten só tres edicións, pero é un dos certames iberoamericanos que prestan unha maior atención ao cinema de certo risco artístico. Organizado pola Asociación Peruana do Cinema Independente, Lima Independente (17-19 de xullo) contará con presenza galega. Dunha banda porque Lois Patiño foi o encargo de facer a cabeceira do certame. Da outra porque se proxectará o traballo de Xurxo Chirro, Vikingland na sección fronteiras destruídas. No marco desta sección proxectaranse cinco títulos que, en palabras da organización, “son fimes que, na súa transgresión, aumentan os retos, escarban, dinamitan”..
Amplía a nova>>
03/06/2013
Arrinca Galiza Ano Cero e preséntase Irmandade.tv
Hoxe comeza a campaña de microfinanciamento do proxecto de divulgación audiovisual Galiza Ano Cero. Faino coa emisión do primeiro programa e co inicio dunha campaña de financiamento que lles permita ter un banco de traballo para elaborar contidos durante un mes. Canda este, da man de Sermos Galiza, hoxe sabemos doutro proxecto:Irmandade.tv. Trátase dunha canle de televisión en liña que pretende ofrecer programas agregados e encamiñado a "dar voz ao nacionalismo". Este proxecto acaba de gravar o seu primeiro programa titulado “O debate”. .
Amplía a nova>>
03/06/2013
Cine e música ofrecen novas propostas no CGAC
O Centro Galego de Arte Contemproánea é nova estes días por actividades que non teñen que ver exclusivamente coa arte contemporánea. Dunha banda, porque acaba de ser a sede dun ciclo de cinema que exhibiu as relacións entre teatro e cinema por medio de cinco propostas de diversa natureza do audiovisual catalán. Da outra, porque acaba de presentar unha nova edición das Xornadas de Música Contemporánea que terán lugar do 27 de setembro ao 31 de outubro de 2013 en diferentes espazos da cidade. .
Amplía a nova>>
03/06/2013
Arrinca o I Festival de Cine e TV Camiño de Santiago
Un encontro con Manuel Pérez e Carles Vidal, director e guionista da película
Frontera, marca o inicio do I Festival de Cine e TV Camiño de Santiago. Unha cita que chega ao calendario co obxectivo de ser un referente no cine español e que no seu debú conta con 25 titulos repartidos ao longo dunha semana de proxeccións. Con orientación e temática diferentes, esta fin de semana acabou a segunda edición do certame Primavera de Cine que premiou a longametraxe
O segredo da Frouxeira de Xosé Abad; o videoclip de Juan Salgueiro
Oxytocin, o filme infantil
A casa da luz de Carlos Amil; e a curta documental
El desorden de los sentidos, de Alejandro Salgado. Os realizadores galardonados recolleron a "cámara de cine" deseñada por Reciclaje Artístico da man de Uxía Blanco, Manuel Manquiña, Jorge Coira e o cantante Eladio Santos, de Eladio y los Seres Queridos..
Amplía a nova>>
31/05/2013
Chega ás carteleiras New York Shadows, o último filme de Juan Pinzás
Unha actriz estadounidense (Lindsey Ireland) e Manhattan como localización. Con estes ingredientes Juan Pinzás realizou
New York Shadows, un thriller psicolóxico cunha formato innovador para contar a historia dun director de cine atrapado na súa propia historia. O filme chegará ás carteleiras españolas o vindeiro 14 de xuño. Alén da participación de Lindsey Ireland e Juan PInzás, conta coa participación de showman Javier Gurruchaga. Producido por Abstracto Films e Atlántico Films. .
Amplía a nova>>