Novas | 1741 a 1750 de 4220

<< Anterior Siguiente >>

31/05/2013
A TVG destinou 1.4 milóns a 17 producións audiovisuais

No último ano a TVG apoiou 17 proxectos audiovisuais. O director xeral da CRTVG, Alfonso Sánchez Izquierdo fixo públicas as cifras no marco da súa intervención parlamentaria. Iso implica 1.4 millóns de euros para compra de dereitos de longametraxes e tvmovies pero non concretou cales son os proxectos que se inclúen. Ademais, remarcou a importancia de “actualizar” o concepto da Televisión de Galicia como motor do sector audiovisual galego, que debe deixar de ser considerada como “o cliente preferente” para pasar a falar de “relacións colaborativas”. Por outra banda, Izquierdo destacou que a relación co sector audiovisual galego vai máis alá do cine e se estende á adquisición doutros produtos e servizos que supuxeron en 2012 o 35% do conxunto dos gastos de explotación. . Amplía a nova>>

29/05/2013
As irmáns Albert-Sobrino dan o salto á longametraxe con A historia dun satélite

Sonia e Miriam Albert Sobrino, as “Also Sisters”, son dúas estudantes de mestrado da Universidade de Utah que están a realizar a súa primeira longametraxe. Unha produción de imaxe real que servirá ademais, de traballo de fin de carreira baixo o asesoramento de Sterling Van Wagenen. Rodarase en Galicia este verán e están a realizar un crowfunding para financiar o proxecto. A historia dun satélite, Rafael, e a Nai que o pariu é o título dunha comedia negra con tintes de humor que se centra na figura dun enterrador galego cuxo pai morreu aplastado por un satélite. As irmáns Albert-Sobrino foron finalistas nesta edición dos Mestre Mateo por As vacacións do verdugo protagonizado por Alfonso Míguez e Susana Sampedro. . Amplía a nova>>

28/05/2013
O calendario F

O ano cinematográfico comeza con Play Doc e remata con Cineuropa, no medio hai preto de dúas ducias de encontros, mostras, e festivais relacionadas con temática audiovisual. Este ano, no medio dos recortes, os seus organizadores proban novas fórmulas de supervivencia: uns se reiventan, outros nacen e mesmo outros desaparecen. Un medio vivo que comparte orientación entre actividade social, cultural e dar a coñecer a produción audiovisual recente.. Amplía a nova>>

28/05/2013
A actividade dos cineclubes galegos en 2012 achegouse a 29.000 cidadáns

Esta fin de semana tivo lugar a asemblea anual da Federación de Cineclubes. Entre os actos do día estaba a programación para este ano, aprobación das contas de 2012 e a preparación de actividades para conmemorar os 30 anos da constitución da asociación e os 25 da aparición das primeiras longametraxes en galego (Urxa, Sempre Xonxa e Continental). Manuel Precedo, que renova como presidente da entidade, explica que en 2012 contaron con 29.000 espectadores nas súas actividade e que son os cineclubes da provincia de Ourense con máis actividade. . Amplía a nova>>

27/05/2013
Calquera infinito posible e Sangue de Unicornio foron premiadas en Cans

Fin de semana de proxeccións, concertos e tamén de premios. A décima edición do Festival de Cans está a piques de rematar oficialmente aínda que xa se coñecen os nomes dos vencedores dos diferentes xurados (o oficial, o dos veciños e o do público). Na sección oficial competitiva a mellor curtametraxe de ficción (Can de Pedra e 1.500 euros) foi para Calquera infinito posible, dirixida por Roi Fernández Alonso, que o xurado destacou como moi arriscada e poética da que tamén premiaron a súa banda sonora. O de curtametraxe de ficción foi para Sangre de unicornio, de Alberto Vázquez porque "asume o risco en todas as dimensións da animación, cun debuxo moi persoal e cunha historia moi fantasiosa na que o director consigue encaixar todas as pezas". As dúas están dotadas con 1.500 euros e un Can de Pedra.. Amplía a nova>>

24/05/2013
Vigo celebrará a segunda edición do Festival da Primavera do Cine

É a segunda edición dun certame que pretende dar a coñecer longametraxes, curtametraxes e videoclips galegos que non atopan unha disribución axeitada nos circuitos de distribución convencionais. Primavera do cine arrinca o vindeiro mércores 29 en Vigo mantendo a orientación da súa primeira edición e incorporando un novo espazo (a sala de proxeccións da Sala VigoVello) á súa programación e cunha sección nova dedicada ao audiovisual infantil. Proxección, concertos e un coloquio sobre a situación do audiovisual galego actual conforma a programación deste encontro.. Amplía a nova>>

23/05/2013
O Programa Media convoca as axudas a proxectos piloto

Distirbución a través de servizos non liñais, un entorno aberto para a produción de contidos, uso de técnicas web para a distribución ou o uso de bases de datos para mellorar o acceso e a explotación da información sobre contido audiovisual. Estas son as accións subvencionables con cargo á liña de axuda de proxectos piloto que pretende fomentar iniciativas relacionadas coas tecnoloxías de información e comunicación (TIC) no proceso audiovisual. Unha convocatoria do Programa Media que acaba de saír publicado no Diario Oficial da Unión Europea (DOUE) cun orzamento de millón e medio de euros. O prazo de presentación de solicitudes remata o 15 de xullo. . Amplía a nova>>

23/05/2013
Xente do país

Suso e Manuel son dous pais de familia e amigos de toda a vida que quedan sen traballo tras cumprir os cincuenta. Un día, mentres están de pesca, atopan un paquete con dez quilos de cocaína. A súa situación era xa insostible e este feito desata toda unha serie de acontecementos imprevisibles. Este é o argumento de Somos xente honrada, o primeiro filme de Alejandro Marzoa (Vigo, 1979) que coproduce Vaca Films con El Terrat. A produción preséntase hoxe no Festival de Cans (Porriño) logo do seu paso por Málaga. . Amplía a nova>>

22/05/2013
Jaime Chávarri destaca no renovado formato do Festival S8

Avanzaron que os descendientes de Moliere abrirían o Súper8, que prestarían atención ao cinema galego con Lois Patiño e Miguel Mariño e que Arxentina sería o país convidado. Agora, os organizadores do S8 deron a coñecer a programación completa dun festival que terá lugar do 5 ao 8 de xuño. Entre a abondosa actividade oficial e paralela, destaca a presenza de Jaime Chávarri, un dos grandes nomes da vangarda cinematográfica española. Estará na Coruña para presentar as súas películas en Súper 8 (Run, e Ginebra en los infiernos). . Amplía a nova>>

22/05/2013
O festival que todos queren ter

As cifras son abrumadoras. Catro días de certame, 108 proxeccións, 21 actuación musicais, 200 persoas na organización, 700 comidas a servir entre convidados, loxística e organizadores, o 80% dos traballos audiovisuais chegan de fóra…. E 90.000 euros de orzamento. Hoxe arrinca unha nova edición do festival de Cans. É a décima, a que marca un ciclo dun proxecto que naceu para dinamizar unha aldea e acabou por converterse nun fenónemo social e cinematográfico. . Amplía a nova>>

<< Anterior Siguiente >>

Noticias|Reportaxes|Historia|Documentos|Certames|Boletíns|Como estar en AVG |Vantaxes de AVG |Avísanos

AVG | O soportal do audiovisual galego | culturagalega.org


Consello da Cultura Galega
Pazo de Raxoi, 2 andar. 15704 Santiago de Compostela (Galicia)
Tfno: 981957202 / Fax : 981957205 / e-mail: redaccion@culturagalega.org