Fin de semana de proxeccións, concertos e tamén de premios. A décima edición do Festival de Cans está a piques de rematar oficialmente aÃnda que xa se coñecen os nomes dos vencedores dos diferentes xurados (o oficial, o dos veciños e o do público). Na sección oficial competitiva a mellor curtametraxe de ficción (Can de Pedra e 1.500 euros) foi para Calquera infinito posible, dirixida por Roi Fernández Alonso, que o xurado destacou como moi arriscada e poética da que tamén premiaron a súa banda sonora. O de curtametraxe de ficción foi para Sangre de unicornio, de Alberto Vázquez porque "asume o risco en todas as dimensións da animación, cun debuxo moi persoal e cunha historia moi fantasiosa na que o director consigue encaixar todas as pezas". As dúas están dotadas con 1.500 euros e un Can de Pedra.
Completa o palmarés do xurado oficial (Juan Ibáñez, Unax Ugalde, Cristina Pato, Xabier Fortes, Mara Sánchez, Patricia Vázquez e Xabier Villaverde) os premios para os actores, banda sonora, guión e videoclip . Os protagonistas de Mal de sangre , Carlos Blanco e Helena Miquel, recibiron os seus premios e os 200 euros máis os Cans de Pedra cos que está dotado o certame. O mellor guión foi Robin & Robin, dirixida por MarÃa Pérez e Hugo Amoedo pola "interrelación perfecta do guión coa realización e a interpretación", o mellor videoclip Mundo en trance, de Lemuripop realizado por Soledad Rebollo.
Nesta ocasión, o premio de Honra Pedrigree´13 que recoñece a traxectoria dunha personalidade foi para Manuel Manquiña .
Os veciños premiaron Flores para Amalia,porque explica unha realidade coa que se senten identificados e porque retrata unha historia de amor que calquera quererÃa vivir. Para o público, o mellor videoclip (Can de Pedra e 300 euros) foi Terra, de DakidarrÃa, realizado por Julián Maguna.