Novas | 1751 a 1760 de 4220

<< Anterior Siguiente >>

21/05/2013
O Ministerio convoca as axudas para a asistencia a festivais e certames de prestixio

Se unha película calificada como española asiste ao Clermont Ferrand (Francia), Cannes (Francias) , Sundance (USA) ou calquera dos 29 eventos en calquera parte do mundo (de aquí e de fóra) considerados de prestixio, o Ministerio de Educación e Cultura concederalle unha achega para asistir. Hoxe sae a convocatoria relativa a 2013 con importe de 500.000 euros, de igual importe que en 2012. O prazo de presentación das solicitudes terá lugar ta cinco días naturais antes de que se celebre o certame en cuestión ou vinte días naturais a contar a partir de mañá no caso de que o festival xa se desenvolvera. En 2012, desta liña de axudas beneficiáronse catro produtoras galegas (Tic Tac con Polvo, Zircocine con Operación E, Milou con Todo é silencio e Perro Verde Films con Arrugas) que sumaron 18.620 euros. . Amplía a nova>>

21/05/2013
A televisión reinvéntase

Dunha banda os contidos, da outra o soporte, no medio a difusión audiovisual. Neste momento agroman dous proxectos: Galiza Ano Cero e Adtlántida. Comparten a rede, a súa intención sen ánimo de lucro, o código aberto , as licenzas libres e unha visión ampla da comunidade como fornecedora de material. Entre as dúas achegan outro concepto de ver a televisión para ofrecer contidos e un sistema diferente. A televisión escríbese con A.. Amplía a nova>>

21/05/2013
Pontevedra quedará sen oferta cinematográfica o vindeiro 14 de xuño

O vindeiro 14 de xuño. Esta é a data fixada por Adif, propietaria do local no que se asentan Cinebox Vialia, o único complexo cinematográfico de Pontevedra, para que a empresa concersionaria pague a súa débeda e abandone o local. Onte tivo lugar a vista oral do proceso xudicial da demanda interposta por Adif,onde se confirmou que Pontevedra pasará a ser a primeira capital de provincia galega que deixe de ter oferta cinematográfica. Con todo, La Voz de Galicia cita fontes de Adif que confirman que tan pronto se reciban as chaves sacarán a concurso o local para que poida continuar coa oferta actividade económica. . Amplía a nova>>

21/05/2013
Sete empresas participan no mercado de contidos audiovisuais de Cannes

Estes días desenvólvese unha das citas máis importantes do audiovisual: o Festival de cine de Cannes. De xeito paralelo ao festival ten lugar o mercado de contidos (o marché fu film) que remata o día 24. No marco da colaboración entre Agadic e o IGAPE neste relevante encontro de negocio hai presente unha delegacación galega. Tic Tac Producciones, Vaca Films, Artefacto Producciones, Abano Filmes, Cinemar Films, Zircozine e Artemática son as empresas presentes nesta cita. Ademais, Agadic abriu a convocatoria para participar noutro encontro profesional, o "Small is biútiful", que se celebra en París o 21 de xuño.. Amplía a nova>>

16/05/2013
Cans abre a segunda quenda de venda de pases con 400 entradas

Logo dunha primeira quenda onde as entradas se esgotaron en menos dunha hora, hoxe abre a segunda das fases habilitadas para o Festival de Cans para vender as 400 entradas disponibles. O sistema dá conta do reclamo que ten este certame que se desenvolverá entre o 22 e o 25 de maio en Porriño (Cans) e que este ano celebra os seus dez anos de historia. Hoxe tamén saen a distribución, os 5.000 exemplares que ten o CanZine, a publicación oficial do certame coas colaboracións de Isabel Coixet, Juan Ibañez de El Hormiguero e Alejandro Marzoa. E como curiosidade, o certame estrea este ano moeda oficial: O Can, que será de curso “legal” entre os espazos oficiais do festival. . Amplía a nova>>

14/05/2013
Enredados con RVB

Esta é a semana grande da cultura galega que ten o seu clímax este venres coa celebración do Día das Letras. A maior parte do material que figura na rede ten un alto carácter didáctico, motivado por centros de ensino e bibiotecas que queren achegar o seu gran de area para divulgar a figura do homenaxeado. Biografías, recursos didácticos, vídeos, entrevistas, imaxes… e o cronograma de culturagalega.org para dar a coñecer a figura de Roberto Vidal Bolaño (1950-2002).. Amplía a nova>>

13/05/2013
As televisión públicas galega e portuguesa intercambiarán contidos

Un convenio entre a CRTVG e a RTP (Radio televisión portuguesa) facilitará o intercambio de producións audiovisuais entre ambas cadeas. O convenio fai referencia a programas de interese cultural ou histórico, musicais ou informativos, así como ten a intencionalidade de aumentar a participación respectiva en coproducións audiovisuais e desenvolver novos proxectos conxuntos e compartir experiencias de interese a ambas televisións. O convenio ten unha duración de dous anos e para a súa execución a TVG e a RTP designarán unha comisión mixta, integrada por tres representantes de cada parte. Non é a primeira vez que ambas cadeas públicas traballan conxuntamente, xa que hai en 2007 ambos medios coproduciron a gala televisiva de homenaxe ao Zeca Afonso que retransmitiu a TVG baixo o nome Sempre Abril.. Amplía a nova>>

08/05/2013
Inevitable compite no I Festival de Cine e Televisión Camiño de Santiago

Son 8 as longametraxes que compoñen a selección oficial da sección oficial da primeira edición do Festival de Cine e Televisión Camino de Santiago. Entre elas destaca un filme de participación galega, Inevitable de Jorge Algora producido por Adivina Producións e protagonizado por Federico Luppi, Darío Grandinetti e Mabel Ribera. O certame, que terá lugar do 3 ao 6 de xuño conta con outros títulso como son A puerta fría, Ali, Área de Descanso, El muerto y ser feliz, Frontera, La lapidación de Saint Ettiene e Lección Debida. O premio á mellor cinta, dotado coa escultura estela e 10.000 euros, saberase no transcurso da gala de claurusra que se celebrará o venres 7 de xuño no Auditorio Novacaixagalicia no Preguntoiro.. Amplía a nova>>

08/05/2013
O Festival de Oberhausen premia “Montaña en sombra” de Lois Patiño

“Premiamos un film cuxa narrativa que se desenvolve exclusivamente desde o poder das imaxes, revelando unha montaña profundamente cicatrizada polo ser humano. Cun traballo de cámara excepcional no borde de negro ebranco para expor o contrate da poderosa natureza e as actividades humanas, representada nun lucido ballet representado a modo de ballet.”. Deste xeito cualificou o xurado do Festival Internacional de Oberhousen o traballo “Montaña en sombra” de Lois Patiño ao que lle concedeu o premio do certame dotado con 5.000 euros. O de Oberhausen é un dos festivais de curtametraxes máis prestixioso do momento polo que teñen presentado os seus traballos cineastas como Martin Scorsese, Jean-Pierre Jeunet, François Ozon, George Lucas, Romas Polanski, Alexander Kluge ou Werner Herzog.. Amplía a nova>>

08/05/2013
O drama de ser ou non ser

Máis dunha ducia de personaxes que batallan nun único corpo. Gustavo Pernas fai un exercicio de interpretación ao poñerse na pel do único actor dunha obra Snakizados que el mesmo escribiu e que lle valeu o premio Maruxa Villanueva. A última obra de Ancora Producións, en palabras de Gustavo, “é a fábula dun ser que nace despois da hecatombe e que se move nese dilema hamletiano de ser ou non ser”. A obra, continúa por xira en Galicia despois do seu paso en Santiago.. Amplía a nova>>

<< Anterior Siguiente >>

Noticias|Reportaxes|Historia|Documentos|Certames|Boletíns|Como estar en AVG |Vantaxes de AVG |Avísanos

AVG | O soportal do audiovisual galego | culturagalega.org


Consello da Cultura Galega
Pazo de Raxoi, 2 andar. 15704 Santiago de Compostela (Galicia)
Tfno: 981957202 / Fax : 981957205 / e-mail: redaccion@culturagalega.org