07/05/2013
O festival de Cans celebra os seus dez anos ollando cara a súa traxectoria
Jorge Ilegal, Juanma Bajo Ulloa, Gran Wyoming, Tony Lomba e Silvia Superstar son algúns dos nomes que fan parte da historia do festival de Cans. Pero non só de edición pasadas, senón que eles volverán este ano para celebrar o décimo aniversario. O certame seguirá sendo fiel ao formato de curtametraxes pero presenta algunhas novidades. Dunha banda, Cans visibles para dar cabida a traballos que reflexionen sobre a identidade sexual e outra para novos xéneros audiovisuais. O certame tamén tira da historia local para homenaxear a Rogelio Groba compositor galego máis prolífico que aínda está en activo. Ademais, neste espazo presentaranse as longametraxes
Somos xente honrada, de Alejandro Marzoa,
Encallados de Zarauza, e
Toñito Blanco, so, perdido e vicioso.A cita en Cans(Porriño) do 22 ao 25 de maio..
Amplía a nova>>
07/05/2013
Arrinca en Santiago a 31 conferencia das televisión públicas rexionais europeas
Os recortes orzamentarios e a revolución dixital motivarán cambios para os operadores públicos de televisión europeos. Os responsables das cadeas, agrupados na CIRCOM están estes días en Santiago no marco da 31 conferencia anual. A cita arrinca hoxe cunha recepción no concello e seguirá mañá mércores coa gala de entrega dos premios anuais desde o Hostal dos Reis Católicos (retransmitida pola TVG máis por internet). As xornadas de debate terán lugar xoves e venres na Facultade de Ciencias da Comunicación e nelas falarase dos retos aos que se terán que afrontar os operadores públicos como os novos medios, a cooperación na produción televisiva, as novas tendencias de implementación técnica nos proceso de emisión e a formación dos xornalistas. .
Amplía a nova>>
07/05/2013
Cando o Avenida foi Rosalía de Castro
É un documento audiovisual do ano 1939, gravado en Bos Aires no Teatro Avenida e en varias localizacións da capital arxentina, que recuperou o Centro Galego das Artes da Imaxe (CGAI) e a Fundación Rosalía de Castro. O documental, que puido ter sido filmado por Elixio González, amosa pasaxes da sentida homenaxe do emigrantes á que era a súa poetisa nacional, desde coros e danzas ata a presenza literaria de Eduardo Blanco Amor ou Núñez Búa. Trátase dun documento único. .
Amplía a nova>>
06/05/2013
O festival S8 da Coruña estrea formato na súa cuarta edición
Moitas novidades para a cuarta edición do Festival S8, de cinema periférico, que arrincou na Coruña para exhibir as tendencias cinematográficas de vangarda e que supoñen unha renovación na arte. Nesta ocasión, os organizadores decidiron achegalo á cidade e sitúanse en diferentes espazos da cidade. A sé principal estará na Fudación Novacaixagalicia, aínda que o Centro Galegao de Artes da Imaxe, o Museo de Arte Contemporánea (MAC) Gas Natural Fenosa e a Fundación Luis Seoane tamén acollerán actividades. Outra das novidades é que o encontro confirma a súa internacionalización destinando unha parte da programación a dar a coñecer a cinematografía dun país. Para estrear formato será a cinematografía arxentina a protagonista deste ano. O certame desenvolverase entre o 5 e o 8 de xuño. .
Amplía a nova>>
03/05/2013
Arraianos gaña o Festival de Cine de Autor de Barcelona
O xurado destacou a súa habilidade para integrar no relato cinematográfico a comunidade rural, “a tradición oral de formas de vida que perviven no presente”. Son algúns dos motivos polos que o filme de Eloy Enciso
Arraianos regresa do Festival de Cine de Autor de Barcelona con outro premio máis. Despois da súa estrea no festival de Locarno, o filme de Enciso iniciou un periplo internacional anegado de premios, sendo o máis recente o que conseguiu no festival arxentino BAFICI, un dos máis importantes de latinoamérica. .
Amplía a nova>>
02/05/2013
A CRTVG emite 58 horas semanais de programación infantil e xuvenil
É a maior cifra da CRTVG para contidos infantil e xuvenís. Así o asegurou Alfonso Sánchez Izquierdo, director xeral do ente, na comisión de control parlamentaria. Detallou o apoio diario que lle fai a CRTVG a través da segunda canle que se concreta en dez horas diarias de emisión, cun total de 58 semanais. Ademais, apuntou a un acordo coa empresa galega OQO que lle permitiu adquirir as series infantís
Caracois e
Os Contos do Camiño, feitas coa técnica de animación stop-motion; ou
A Tropa de Trapo, das primeiras longas de animación realizada en España en 3D estereoscópico. Estes traballos únense ás incorporación recentes, como son
Axóuxeres,
As Aventuras de Minchi ou
Os Bolechas..
Amplía a nova>>
30/04/2013
Galicia presente en tres títulos na décima edición do Documenta Madrid
Na sección panorama desta edición de Documenta Madrid hai tres títulos relativos a Galicia. Da banda das longametraxe está
Fóra (Xan Gómez e Pablo Cayuela) e
Avión, o pobo ausente. Da outra, na das curtametraxes figura
A Conserveira (David Batlle) . A cita arrinca este domingo na capital madrileña e repartirá 25.000 euros en premios entre longametraxes e curtametraxes, os premios do xurado e do público. Noutro certame, no Humanity Explored que se desenvolve en liña hai tamén un traballo galego. Trátase de
As silenciadas, un documental de Pablo Ces con guión de Aurora Marco que recolle a loita das mulleres contra a represión franquista. .
Amplía a nova>>
29/04/2013
Mario Casas recibe a Biznaga de Ouro do Festival de Málaga
O actor coruñés Mario Casas acaba de recibir o premio Biznaga de Ouro ao mellor actor do Festival de Málaga 2013. Un premio polo seu papel protagonista dun filme que recolle a novela homónima de Juan Eslava Galán que ofrece unha visión atípica da Guerra Civil española e que chegará as carteleiras en dez días, logo de varios anos de problemas entre distribuidor e produtores. A XVI edición do Festival de Málaga, destinado ao cine español, rematou co seu premio grande, a Biznaga de Ouro, para Gracia Querejeta. O filme de Isabel Coixet
Ayer no termina nunca recibiu o premio especial do xurado..
Amplía a nova>>
25/04/2013
Comeza a novena edición de Redondela en Curto
Con 16 traballos a competición (elexidos entre máis de 600 títulos presentados) e coa presenza de Xacio Baños (que inclúe o seu traballo
Anacos) na sesión de apertura esta noite arrinca a novena edición de Redondela en Curto. O certame, o primeiro en proxectar en HD en Galicia, entregará 1.500 euros en premios (1.000 euros do premio do xurado a mellor traballo de ficción e 500 euros do premio do público). Cada sesión ten un prezo de 3 euros e parte da recadación irá para o clube local de discapacitados intelectuais para participar no campionato de Europa de natación que se celebrará en Portugal..
Amplía a nova>>
25/04/2013
Unha empresa da Coruña busca financiamento para dous capítulos dun videoxogo
Ar-k é un videoxogo sobre que conta a historia de Alicia, unha xornalista que investiga a misteriosa aparición dunha esfera na súa vida logo dunha noite de festa. Gato Salvaje é a empresa coruñesa encargada deste proxecto que pretende para o terceiro e cuarto episodio contar con Greg Ruka, coñecido guionista encargado dos guións de Lobezno ou Batman. Para iso precisa 100.000 dólares e iniciou unha campaña na plataforma Kicstarter para conseguir esa cifra antes de xuño..
Amplía a nova>>