Jorge Ilegal, Juanma Bajo Ulloa, Gran Wyoming, Tony Lomba e Silvia Superstar son algúns dos nomes que fan parte da historia do festival de Cans. Pero non só de edición pasadas, senón que eles volverán este ano para celebrar o décimo aniversario. O certame seguirá sendo fiel ao formato de curtametraxes pero presenta algunhas novidades. Dunha banda, Cans visibles para dar cabida a traballos que reflexionen sobre a identidade sexual e outra para novos xéneros audiovisuais. O certame tamén tira da historia local para homenaxear a Rogelio Groba compositor galego máis prolÃfico que aÃnda está en activo. Ademais, neste espazo presentaranse as longametraxes Somos xente honrada, de Alejandro Marzoa, Encallados de Zarauza, e Toñito Blanco, so, perdido e vicioso.A cita en Cans(Porriño) do 22 ao 25 de maio.