O actor coruñés Mario Casas acaba de recibir o premio Biznaga de Ouro ao mellor actor do Festival de Málaga 2013. Un premio polo seu papel protagonista dun filme que recolle a novela homónima de Juan Eslava Galán que ofrece unha visión atÃpica da Guerra Civil española e que chegará as carteleiras en dez dÃas, logo de varios anos de problemas entre distribuidor e produtores. A XVI edición do Festival de Málaga, destinado ao cine español, rematou co seu premio grande, a Biznaga de Ouro, para Gracia Querejeta. O filme de Isabel Coixet Ayer no termina nunca recibiu o premio especial do xurado.
Esta fin de semana concluÃa en Redondela unha nova edición do seu festival de curtametraxes. Unha cita na que o traballo de Esteban Crespo, Aquel no era yo, recibiu o premio do xurado e do público. En total 1.500 euros para un traballo que conta as memorias e sensacións dun soldado, que tenta volver á vida cotiá e ser o mesmo despois das súas experiencias vividas na guerra.