Novas | 1771 a 1780 de 4220

<< Anterior Siguiente >>

24/04/2013
O Apóstolo competirá no Festival de Annency, unha referencia do cinema de animación

O Festival de Annency acaba de dar a coñecer o listado de filmes a competición da edición de 2013. Entre as nove finalistas figura unha película galega, o Apóstolo, longametraxe de animación que conta a historia dun preso fugado que pretende recuperar un botín agochado anos atrás nunha solitaria e apartada aldea do Camiño de Santiago. O certame desenvolverase do 10 ao 15 de xuño na localidade francesa e ata alí se desprazará o equipo de O Apóstolo que o día 12 presentará o filme no medio dunha charla-coloquio. Annency é un dos festivais de referencia do mundo no sector animación que tivo en 212 máis de 229 filmes en a competición, 7.000 profesionais acredtiados de 80 países, 290 distribuidores internacionais e uns 320 xornalistas. . Amplía a nova>>

24/04/2013
Adivina Producións presenta Inevitable no Festival de Cine de Málaga

Se onte foi o día da presentación de Somos xente honrada o último filme de Vaca Films que tivo boa acollida de crítica (na sesión deste mércores mantén dous pases), hoxe Adivina Producións está en Málaga presentando Inevitable. A produtora Susana Maceiras, a actriz Mabel Rivera e o director Jorge Algora estiveron explicaron a característica dun filme que definiron como “un filme de mulleres que se apoia na dramaturxia da obra orixinal”. A presentación do filme inclúe tamén un concerto de Berrogüeto, que alén dos seus temas, interpretou o tema principal do filme. A cita, unha referencia do cine español, desenvolvese ata o sábado na capital andaluza. . Amplía a nova>>

24/04/2013
Lugo acolle o V Sons Creativos

Dúas propostas creativas de vangarda están a se celebrar estes días no noso país. Por unha banda, o Museo Interactivo da Historia de Lugo acolle o vindeiro 11 de maio a quinta edición de Sons Creativos. O encontro, que artella o Grupo de Creación Sonora da Universidade de Santiago de Compostela, inclúe mesas redondas sobre a improvisación musical e un concerto de esculturas sonoras, entre outras propostas. Ademais, en paralelo abrirá a mostra 25 anos de arte sonora e pedagoxía en Lugo, que estará no centro ata o 16 de xuño.. Amplía a nova>>

22/04/2013
Arraianos de Eloy Enciso premiado no Bafici de Bos Aires

Competía na sección Vangarda e xénero e regresa da súa participación no festival de cine de Bos Aires (Bacifi) co “Gran premio”. Arraianos de Eloy Enciso, que ofrece un retrato alegórico e personal do Couto Mixto a partir de O bosque, o texto do dramaturgo Jenaro Marinhas del Valle continúa o seu exitoso percorrido de festivais. Trala participación en Locarno, no Festival de Cine de Sevilla, no Fecunam mexicano, no festival de Vancouver e, en Galicia, en Play Doc e Cineuropa. Os gañadores desta edición son o filme inglés Berberian Sound Studio, de Peter Strickland na Selección Oficial Internacional, e La paz de Santiago Loza na Selección Oficial Argentina. . Amplía a nova>>

19/04/2013
Aser Álvarez gaña o premio Xosé Aurelio Carracedo co seu documental sobre Celso Emilio

A "súa innovación no tratamento informativo que abre novas portas oa periodismo ao mesturar elmentos puramente informativos con técnicas e narrativa cinematográfica" serviulle a Aser Álvarez para gañar o premio Xosé Aurelio Carracedo. Ademais, o xurado quixo destacar que inclúe "novos aspectos e enfoques da vida de Celso Emilio Ferreiro" cun gran carácter didáctico. O premio está convocado pola Deputación de Ourense e dotado con 3.000 euros, cantidade inferior a outras edicións que contaba con 8.000 euros que se repartían en dous premios (o primerio 5.000 euros e o segundo 3.000).. Amplía a nova>>

19/04/2013
O Centro Ágora acolle un proxecto para facer curtametraxes en dous días

O reto consiste en facer unha curtametraxe en 48 horas. Desde o guión, a rodaxe ata a posprodución a partir dunha idea, unha liña de diálogo e un xénero. A hora de saída arrinca o venres hoxe ás 19:00 horas no Centro Ágora da Coruña. O proxecto chamase The 48 Hour Filme Project e ten un custe de 75 euros por equipo. Os mellores traballos participarán no evento anual do The 48 Hour Filme Project 2013 cos premios ás mellores curtametraxes do ano que terá lugar no Filmapalooza 2014. Ese certame permite ao gañador entrar na carreira para ser unha das 10 películas que se proxectarán na Sección de Curtametraxes do Festival de Cinema Cannes de 2014.. Amplía a nova>>

16/04/2013
Inevitable e Somos xente honrada compiten no 16 Festival de Cine de Málaga

O filme dirixido por Jorge Algora e producido por Adivina Produciones, Inevitable, así como a última produción de Vaca films Somos xente honrada está na sección oficial competitiva do 16 Festival de Cine Español de Málaga. Unha cita que se celebrará do 20 ao 27 de abril na capital andaluza e que deixa tamén oco para outras producións galegas. No marco da sección “Ventana TV”poderase ver Concepción Arenal, a visitadora de cadeas coproducida por Zenit TV e a participación da TVG. . Amplía a nova>>

16/04/2013
It's such a beautiful day gaña o Festival Anirmau que se abre a longametraxes

Esta fin de semana remataba en Lalín a terceira edición do Festival de Cinema didáctico Anirmau. Un encontro que afrontaba o seu ano con varias novidades:a primeira que deu o salto a longametraxes; a segunda, que contaba cun xurado conformado por profesionais do sector (conformado polo historiador e teórico Emilio de la Rosa, o curtametraxista e produtor Manuel Pena e a delegada en Galiza de Filmax Inmaculada Castaño) que fixeron a sección oficial do certame. A gañadora foi o filme norteamericano It's such a beautiful day que conseguiu o premio á mellor longametraxes (dotado con 1.500 euros) e o premio Concello de Lalín. Completa o palmarés a surcoreana The king of pigs, de Yeun Sang-ho, co premio especial Filmax , e a producción húngara The tragedy man o premio Pontiñas Centro Comercial e de Lecer Gadis.. Amplía a nova>>

11/04/2013
Gayoso leva o premio a mellor presentador das TVs autonómicas

A Academia de Televisión estatal deu a coñecer onte o seus Premios Iris nas categorías autonómicas. Nas mesmas, Xosé Ramón Gayoso obtivo o recoñecemento a mellor presentador polo seu traballo á fronte de Luar. Este foi o único galardón que obtivo da Televisión de Galicia nas seis categorías existentes. Os premios entregaranse o vindeiro 25 de abril no Gran Casino Aranjuez.. Amplía a nova>>

11/04/2013
O Novo Cinema Galego presente no Festival de Cine de Bos Aires

O Festival de Cine Independente de Bos Aires (BAFICI) ofrecerá nesta edición tres filmes de realizadores galegos. Ramiro Ledo estreará a súa película Vida Extra no Festival, e Eloy Enciso competirá na sección competitiva Vanguardia y Género con Arraianos. O realizador Lois Patiño terá no Festival unha atención especial, ao redor das súas videocreacións e o seu proxecto audiovisual Costa da Morte. . Amplía a nova>>

<< Anterior Siguiente >>

Noticias|Reportaxes|Historia|Documentos|Certames|Boletíns|Como estar en AVG |Vantaxes de AVG |Avísanos

AVG | O soportal do audiovisual galego | culturagalega.org


Consello da Cultura Galega
Pazo de Raxoi, 2 andar. 15704 Santiago de Compostela (Galicia)
Tfno: 981957202 / Fax : 981957205 / e-mail: redaccion@culturagalega.org