Gayoso leva o premio a mellor presentador das TVs autonómicas

Foi o único galardón que obtivo a TVG nos Premios Iris

A Academia de Televisión estatal deu a coñecer onte o seus Premios Iris nas categorías autonómicas. Nas mesmas, Xosé Ramón Gayoso obtivo o recoñecemento a mellor presentador polo seu traballo á fronte de Luar. Este foi o único galardón que obtivo da Televisión de Galicia nas seis categorías existentes. Os premios entregaranse o vindeiro 25 de abril no Gran Casino Aranjuez.