It's such a beautiful day gaña o Festival Anirmau que se abre a longametraxes

A terceira edición deste certame de animación contou con importantes novidades

Fotograma de Anirmau
Fotograma de Anirmau
Esta fin de semana remataba en Lalín a terceira edición do Festival de Cinema didáctico Anirmau. Un encontro que afrontaba o seu ano con varias novidades:a primeira que deu o salto a longametraxes; a segunda, que contaba cun xurado conformado por profesionais do sector (conformado polo historiador e teórico Emilio de la Rosa, o curtametraxista e produtor Manuel Pena e a delegada en Galiza de Filmax Inmaculada Castaño) que fixeron a sección oficial do certame. A gañadora foi o filme norteamericano It's such a beautiful day que conseguiu o premio á mellor longametraxes (dotado con 1.500 euros) e o premio Concello de Lalín. Completa o palmarés a surcoreana The king of pigs, de Yeun Sang-ho, co premio especial Filmax , e a producción húngara The tragedy man o premio Pontiñas Centro Comercial e de Lecer Gadis.

A programación que conformaba a sección oficial competitiva caracterizábase por ser estreas en Galicia e catro delas en España tamén. A maior parte destas cintas puideron verse nos festivais de Cannes, Annecy, Ottawa, Sitges, Karlovy Vary, Bruselas, Stuttgart, Taipei, Espinho, Lisboa, entre outras moitas. Variada foi tamén a procedencia destes traballos chegados desde Europa (Hungría, Estonia e Polonia), América (Estados Unidos e Arxentina) e Asia (Xapón e Corea do Sur).
Ligazóns