Novas | 1781 a 1790 de 4220

<< Anterior Siguiente >>

09/04/2013
Retrato dun tempo intemporal

A abundante presenza de Galicia no NODO, ligada á presenza vacacional do Xeneral Franco en Meirás, constitúe un importante legado documental de cómo a ditadura procuraba a desmobilización a través do retrato dun país detido no tempo. Analizamos con José Luis Castro de Paz, catedrático de Comunicación Audiovisual da USC, cinco momentos claves da representación de Galicia nos noticiarios franquistas. . Amplía a nova>>

08/04/2013
Comeza o MIPTV de Cannes con presenza galega

Agallas Films, CTV, Maruxiña Films, Enxebre Entertaiment, Intuitive Productions Tree Line Distribution, Ficción Producciones e Somadrome Creative participan desde hoxe e ata o vindeiro 11 de abril no MIPTV de Cannes. As empresas galegas participan no encontro, considerado o principal mercado europeo de produtos televisivos, baixo a marca Audiovisual from Spain co apoio de AGADIC e mais do Instituto de Comercio Exterior. Segundo sinala AGADIC, no evento distribuirase o catálogo Films from Galicia e mais a publicación Ways to Film, que promove o noso país como escenario para rodaxes.. Amplía a nova>>

08/04/2013
O Apóstolo impúxose nos Mestre Mateo

Mellor longametraxe, dirección, dirección de arte, dirección de produción e música orixinal e son. O filme de animación O Apóstolo impúxose nos XI Premios Mestre Mateo, que se entregaron na noite do pasado sábado no Pazo da Ópera da Coruña. En total, a película de Fernando Cortizo fíxose con seis dos dez galardóns aos que optaba. Fronte a ela, Invasor que chegaba á gala como a outra grande favorita, con 11 candidaturas, só ficou co premio á mellor montaxe. O Xabarín Club foi recoñecido pola Academia co Premio de Honra Fernando Rey.. Amplía a nova>>

27/03/2013
Eva Cebrián explicará aos produtores galegos o compromiso de TVE co cinema

Televisión Española desenvolveu desde sempre un papel crucial no produción cinematográfica. Por iso, que a directora da Área de Cine de TVE, Eva Cebrián, estea en Santiago nunha conferencia titulada "TVE, unha ventá aberta ao cine. O seu compromiso co cine español" resulta moi destacada. Cebrián estará en Santiago o vindeiro 4 de abril por mor dunha iniciativa do Clúster Audiovisual Galego (CLAG), en colaboración coa Secretaría Xeral de Cultura da Xunta de Galicia. A asistencia é gratuíta, previa inscrición.. Amplía a nova>>

27/03/2013
Bafici dedicará un foco aos traballos de Lois Patiño

O Festival de Bos Aires de Cine Independente (BAFICI) é unha das citas máis destacadas do panorama audiovisual latinoamericano. E este ano hai unha ampla representación galega que ten o seu punto destacado no Foco que o certame lle dedica ao traballo de Lois Patiño. O creador exhibirá, alén das súas últimas curtametraxes, un adianto da longametraxe “Costa da Morte” que está a piques de rematar. Ata alí se desprazará Ramiro Ledo para exhibir por primeira vez “VidaExtra”, o seu último filme no marco da sección Panorama (proxeccións o 11, 16 e 21 de abril). No marco da sección “Vangarda e xénero” exhibirase “Arraianos” de Eloy Enciso. O festival desenvólvese na capital bonaerense do 10 ao 21 de abril.. Amplía a nova>>

26/03/2013
O Festival de Cans amplia o palmarés cun premio á mellor banda sonora

A Asociación Cultural Arela deu a coñecer hoxe as cifras de producións presentadas a concurso para a décima edición. En total, recibiu 164 producións galegas entre curtas e videoclips, sendo as curtas de ficción (82 traballos) as máis numerosas. Ante a calidade da música orixinal das curtas recibidas, o festival decidiu crear un premio á mellor banda sonora. Unha recomendación que xa lle fixera en 2012 o xurado. A décima edición do certame terá lugar do 22 ao 25 de maio.. Amplía a nova>>

26/03/2013
As series toman a rede

Son breves, non chegan aos quince minutos, difúndense a través de Internet e son o fenómeno da revolución audiovisual na rede. En Galicia hai preto dunha vintena de webseries, a maior parte delas están feitas con medios amateur, con actores do país e acabados para todos os gustos. Damos unha volta pola rede para descubrir que contan as webseries galegas. . Amplía a nova>>

25/03/2013
As aventuras de Minchi incorpóranse á programación do Xabarín Club

Minchi é unha cría de lagarta que soña con ser artista e que vive nun terrario convertido nun centro tecnolóxico de diversión. É unha muppet mesturada con imaxe real destinada a nenos de 3 e 5 anos, de marcado carácter didáctico que fomento o respecto polo mundo animal e pola natureza. As aventuras de Minchi, producida por CTV e dirixida por Ghaleb Jaber Martínez, incorpórase ao listado de programas do Xabarín Club (TVG2) que, co gallo das vacacións, aumenta unha hora as súas emsisións. A serie chegou a un acordo de distribución a nivel mundial con Plante Junior.. Amplía a nova>>

25/03/2013
Curtocircuíto deixa en suspenso a celebración da súa décima edición

Estaba previsto que se celebrase entre o 23 e o 28 de abril, pero a décima edición do Festival Internacional de Curtametraxes de Santiago, coñecida como Curtocircuíto adía as súas datas. Segundo explican no seu perfil das redes sociais, é por unha cuestión de “organización”. Aínda que non se concreta de cando será o atraso, o feito de que o proceso de selección se realice no verán implica que será na recta final do ano. Todos os traballos xa inscritos non se poden cancelar, con todo “Shortfilmdepot, a plataforma en rede, engadirá un selo gratuíto á conta Shortfilmdepot da persoa que presentou a curta a Curtocircuito”, explica a súa conta nas redes sociais.. Amplía a nova>>

22/03/2013
Anxo Quintanilla cesa como coordinador do departamento audiovisual de Agadic

O pasado mes de setembro a Axencia Galega das Industrias Culturais convocaba unha praza para elexir á persoa encargada de coordinar a política audiovisual. Dese concurso de méritos saíu elexido Anxo Quintanilla, quen acaba de cesar do seu posto. Así o confirmou esta mañá Anxo Lorenzo, secretario xeral de Cultura, que engadiu que xa está en marcha o proceso para elixir a un novo coordinador ou coordinadora.. Amplía a nova>>

<< Anterior Siguiente >>

Noticias|Reportaxes|Historia|Documentos|Certames|Boletíns|Como estar en AVG |Vantaxes de AVG |Avísanos

AVG | O soportal do audiovisual galego | culturagalega.org


Consello da Cultura Galega
Pazo de Raxoi, 2 andar. 15704 Santiago de Compostela (Galicia)
Tfno: 981957202 / Fax : 981957205 / e-mail: redaccion@culturagalega.org