Novas | 1791 a 1800 de 4220

<< Anterior Siguiente >>

22/03/2013
O ICAA convoca as axudas a amortización para filmes estreados en 2011

O Boletín Oficial do Estado(BOE) publica hoxe a convocatoria de axudas a amortización, esas que se conceden para paliar os custes de elaborar un fime utilizando criterios obxectivos de carácter automático (en función do número de espectadores, dos filmes estreados entre o 1 de xaneiro e o 31 de decembro de 2011). A este fin destinan 26 millóns de euros e o prazo de presentación de solicitudes é ata o 17 de abril (incluído). En 2012 cinco produtoras galegas beneficiáronse desas axudas por tres proxectos polos que recibiron preto de 175.000 euros.. Amplía a nova>>

22/03/2013
Perro Verde Films, produtora de Engurras, entra en concurso de acreedores

O Boletín Oficial do Estado publicou onte o anuncio do xulgado do mercantil número 2 da Coruña que a produtora coruñesa, Perro Verde Films entraba en concurso voluntario de acredores. A empresa que dirixe Manuel Cristóbal fixose moi popular coa adaptacion cinematográfica da banda deseñada Engurras, que abordarba o tema do alzheimer e que recibiu dous Goya (entre eles o de mellor guión). Con todo, un dos seus filmes deimaxe real deu perdas que obrigou a empresa a entrar en situación concursal e que Manuel Cristóbal, en declaracións a La Voz de Galicia, "estamos intentando resolver a situación pero agora mesmo temos moitos interrogantes". Nesta sitUacion, Perro Verde deixou en suspenso a adaptación doutro cómic do mesmo autor, Memorias dun home en pixama.. Amplía a nova>>

21/03/2013
Manuel Manquiña recibirá o premio de honra do festival de Cans

A súa traxectoria na televisión, teatro e cine son os méritos polos que a asociación cultural Arela acaba de concederlle a Manuel Manquiña o premio de honra do festival de Cans. O premio consiste na escultura “Can de Pedra” do canteiro local Paco Candán e deixar a súa pegada no Torreiro das Estrelas. O acto de entrega terá lugar o vindeiro 24 de maio, no transcurso da décima edición do certame. Canda este premio, os Chimpíns de prata sonp ara a a serie de Zopilote para a TVG Era visto! e para os veciños (catro matrimonios) que cederon as casas da primeira edición do festival. . Amplía a nova>>

21/03/2013
O universo do dragón

O 20 de marzo é unha data moi simbólica para o proxecto Dragal. Foi nese día de hai catro anos cando Elena Gallego rexistrou os dereitos dunha historia sobre o ultimo dragón galego, que mestura fantasía con elementos históricos. “Unha historia galega con potencial” asegurou Julio Casal, que aproveitou outro 20 de marzo para presentar un proxecto audiovisual e multimedia que Ficción Produciones desenvolverá nos vindeiros anos. A aposta na que traballa a empresa dirixida por Julio Casal consiste en adaptar a trioloxía de Dragal, editada por Xerais entre os anos 2010 e 2012. Concrétase nunha película, unha banda deseñada, unha aplicación móbil e un videoxogo. . Amplía a nova>>

20/03/2013
O Clúster do Audiovisual debate hoxe sobre a televisión conectada

A televisión do futuro chámase "televisión conectada". Un modelo baseado na conectividade dos receptores á rede, que incrementa as pobilidades de contidos e a participación do usuario. As primeiras epxeriencias levan anos en marcha, pero é un reto presente á qeu as empresas e proveedores de contidos han de afrontar. Por ese motivo, hoxe o Clúster Audiovisual Galego organiza un encontro que pretnde estudar a sitaución actual, os restos, e algún modelo de negocio como o caso de Cinfo. Darío Janeiro, Esther Medina, Francisco José Asensi Viana e Tomás Cid son algúns dos nomes que fan parte desta xornada. . Amplía a nova>>

20/03/2013
O filme de Lois Patiño Montaña en sombra foi seleccionado no Festival de Oberhausen

Montaña en sombra de Lois Patiño acaba de ser seleccionada na sección oficial do Festival de curtametraxes de Oberhausen (Alemaña) que terá lugar entre o 2 e o 7 de maio. Cada edición deste certame, que ten validez para os Óscar, configúrase arredor dun tema que conforma o groso da programación. Nesta ocasión o tema é “o cinema despois de Internet”, que fai referencia aos movimentos de imaxes, a como recollen a nosa reposta emocional desas imaxes e permanece nos planos comparada coa experiencia da vida real. A de Patiño non é a única cinta española seleccionada para o certame, xa que Isabel Herguera presenta a súa “Baixo a almofada” na sección internacional dedicada aos nenos e á xuventude.. Amplía a nova>>

19/03/2013
Lugares de ir ao cine

Entre 1896 a hoxe en Galicia existiron en Galicia preto de 850 locais destinados a exhibición cinematográfica. Pero non todos foros iguais, senón que pasaron por diferentes etapas e serviron de reflexo do inicio, auxe e decadencia do feito cinematográfico. Os edificios son símbolos físicos e agora co peche e desaparición das salas a Fundación Barrié quixo aproveitar para presentar o primeiro inventario deste tipo de edificacións. Cines de Galicia é unha publicación que recolle a evolución desde os tímidos comezos, o esplendor e a acelerada decadencia e desaparición deses espazos dedicados aos soños e ilusións que conta o cine.. Amplía a nova>>

18/03/2013
Sophia's last ambulance gaña o Play-Doc

O documental Sophia's last ambulance, dirixido por Ilian Metev, foi escolleito polo xurado como o mellor filme da edición do festival Play-Doc de Tui. A gañadora do evento, que finalizaba onte, narra o día a día dos traballadores dunha ambulancia na capital de Bulgaria, e xa fora recoñecido co premio da Semana da Crítica no Festival de Cannes. Segundo explicaron os membros do tribunal, Nick Bradshaw, Hans Hurch e Luis Miguel Oliveira, "Sofia's Last Ambulance amósanos a tres persoas traballando na capital de Bulgaria como pilotos dunha nave espacial. Centrándose exclusivamente na súa rutina diaria e en como reaccionan aos desafíos, confronta a nosa imaxinación cos problemas concretos dunha sociedade ao borde do colapso social e económico. O seu delicado equilibrio do visible e o invisible toca o corazón do que o cinema pode ser e facer".. Amplía a nova>>

15/03/2013
Consúmase a desaparición do Consorcio do Festival de Cine de Ourense

Naceu co obxectivo de encargarse da realización e organización do Festival de Cine Internacional de Ourense “con especial consideración do cinema independente”, segundo establecían os seus estatutos. Constituíronno o concello a deputación ourensá ata que en decembro de 2011, a deputación aprobou nun pleno a supresión da partida destinada a ese organismo. Como os estatutos fixaban a forma na que se concretaba a saída, houbo que esperar un ano ata facer firme a súa disolución, que se fai efectiva hoxe. Malia a supresión desta entidade, o concello da cidade xa manifestou a súa intención de continuar co festival, aínda que de momento non se publicaron as bases nin houbo ningunha comunicación neste sentido.. Amplía a nova>>

15/03/2013
Albert Maysles, creador do cinema directo, ofrece en Tui unha clase maxistral

Compartíu, xunto co seu irmán David, xira cos Beatles cando estes comezaban a despuntar retratando un dos documentais que abriu unha nova forma de achegarse á realidade. Albert Maysles é unha lenda do documental e onte compartíu un coloquio co público en Play Doc, o festival de documentais de Tui. Lonxe de mitificar o seu traballo, defende a honestidade e a autenticidade da xente que retrataba e que deu lugar a un xénero, o do cinema directo, que xurdiu a finais dos 50 e principios dos 60 para romper con todas as tradicións anteriores, aspirando a capturar a realidade da maneira máis fiel a como acontecen as cousas. Este documetnalista dará mañá unha clase maxistral sobre os seus métodos que se poden comprobar no ciclo de seis filmes que Play-Doc proxecta sobre a súa figura.. Amplía a nova>>

<< Anterior Siguiente >>

Noticias|Reportaxes|Historia|Documentos|Certames|Boletíns|Como estar en AVG |Vantaxes de AVG |Avísanos

AVG | O soportal do audiovisual galego | culturagalega.org


Consello da Cultura Galega
Pazo de Raxoi, 2 andar. 15704 Santiago de Compostela (Galicia)
Tfno: 981957202 / Fax : 981957205 / e-mail: redaccion@culturagalega.org