Novas | 1801 a 1810 de 4220

<< Anterior Siguiente >>

13/03/2013
Aberto o prazo para participar en Redondela en curto a través dunha plataforma dixital

Uptofest é o nome da plataforma á que deben subir os seus vídeos todos aqueles creadores interesados en enviar as súas curtametraxes á novena edición de Redondela en Curto. Un dos poucos certames de Galicia que proxectar os traballos a competición en HD. O certame mantén aberto o seu prazo de inscrición ao que xa enviaron máis de 400 traballos. Canda ese certame, hai outro que ten o seu prazo aberto. É o terceiro festival CinEOI Coruña Curtas, que promove a creatividade audiovisual en galego reparte 850 euros en premios así como varios exemplares da publicacíon “Diccionario do cine en Galicia” (editado polo CGAI). Amplía a nova>>

12/03/2013
Somos xente honrada, de Vaca Films, chega as carteleiras o vindeiro 7 de xuño

Suso e Manuel son dous amigos de toda a vida, país de familia, que chegaron aos cincuenca sen traballo e cartos. Un día atopan un paquete con dez quilos de cocaína e deciden comezar a vendela para saír da miseria. Cioa súa decisión chegan tamén as dúbidas. Somos xente honrada chegará ás carteleiras o vindeiro 7 de xuño e conta no reparto con numerosas caras galegas como Miguel de Lira, Manuel Lozano, Antonio Durán “Morris” , X. Manuel Olveira “Pico”, Ricardo de Barreiro, Luisa Merelas ou Luis Iglesia. O filme rodouse íntegramente na Coruña durante o verán de 2012. Está coproducida polo Terraat, Vaca Films, e a produtora portuguesa Persona Non Grata Pictures (Portugal). Conta coa participación de Televisión Española (TVE), Televisió de Catalunya (TVC), máis o apoio do ICAA, o ICEC e a AGADIC. Somos xente honrada chegará aos cines distribuída por Filmax. . Amplía a nova>>

12/03/2013
A Academia do Audiovisual achega os Mestre Mateo aos escolares

Cada ano, de xeito paralelo aos premios do audiovisual galego, a Academia Galega do Audiovisual programa uns encontros pensados para un público escolar. O seu cometido é que os profesionais das producións finalistas expliquen, en centros de ensino, como funciona o sector. Hoxe comezan os Encontros Mestre Mateo, enNoia cunha mesa redonda sobre Dirección de fotografía. Despois chegarán A Coruña, Vigo, Ourense, Lugo e Santiago. No centro de cada localidade explicarán aspectos diferentes das poduciósn (realización, curtametraxes, videoclip e son e produción, longametraxes para televisión ou Dirección de produción).. Amplía a nova>>

11/03/2013
Pontevedra crea unha Film Comision para promover rodaxes na cidade

Dagon, O lápis do carpinteiro, Os luns ao sol, A viaxe de Carol.... son varias as producións cinematográficas que se rodaron na cidade de Pontevedra. O impulso económico deste tipo de actividades, acaba de motivar a creación da Pontevedra Film Comission e Pontevedra Film Office. Son as dúas marcas que pretenden promover e facilitar a rodaxe de todo tipo de producións na cidade do Lérez. Está vencellada á Oficina de Congresos da cidade e segundo explica o Diario de Pontevedra "o traballo será asumido polo personal da concellaría de Turismo".. Amplía a nova>>

11/03/2013
O xurado do Fantasporto premia o filme de animación O apóstolo

Esta fin de semana concluía en Oporto a 33 edición do Festival Internacional de Cinema do porto. Unha cita que tivo este ano unha reducida presenza galega. O filme de animación O apóstolo presente na sección oficial competitva regresa co premio do xurado. O gran vencedor desta ocasión foi Mamá , a ópera prima de Andrés Muschietti, apadriñada por Guillermo del Toro, que recibiu o de mellor realización e mellor actriz. No Palmarés o cinema europeo fantástico demostrou a súa vitalidade accadando a totalidade dos outros galardóns en disputa.. Amplía a nova>>

08/03/2013
Albert Maysles e Guillén Landrián son os grandes nomes desta edición Play Doc

“Estamos moi satisfeitos. Esta é unha das mellores edicións. Son nove anos e a labor cristaliza sobre todo coa presenza do gran Albert Maysles”. Sara García destacaba así o papel que ten par o certame a retrospectiva de Maysles “das máis importantes que temos feito”. Unha sesión que terá como contrapucto o ciclo dedicado a Guillén Landrián. Canda iso, a sección cinema galego exhibirá o bo momento que ten o documental galego a nivel internacional. O outro codirector de Play Doc, Ángel Sánchez, destacou o reto de manterse 9 anos en cartel “cun festival internacional dende a periferia e que se fale del”. Concertos, conferencias e proxeccións conforman o cartel deta edición que terá lugar entre o 13 e o 17 de marzo en Tui.. Amplía a nova>>

07/03/2013
Jorge Coira, Belén Montero e Juan Lesta revisan en clave audiovisual a exposición Gallaecia Petrea

A exposición da Cidade da Cultura, Gallaecia Petrea terá o vindeiro 12 de marzo unha nova ollada. É a que ofrecen tres coñecidos realizadores galegos, Jorge Coira, Belén Montero e Juan Lesta, que ofrecerán unha masterclass explicando como visitar a exposición desde o punto de vista audiovisual. Durante tres horas verán un documental (Sentindo a pedra) e coñecerán como se fan os contidos audiovisuais específicos para ser visionados nun museo, desde a elaboración da proposta inicial á produción das pezas, a relación das imaxes cos visitantes ou as formas de narración diferenciadas. A entrada é de balde, previa inscrición no web da Fundación Cidade da Cultura.. Amplía a nova>>

07/03/2013
A II edición de Primavera do Cine incorpora o cinema infantil á súa sección competitiva

Alén das tres categorías coas que se inaugurou o certame en 2012, este ano engaden á sección oficial unha nova sección, a de cinema infantil. A II edición de Primavera do Cinema botou a andar coa presentación das bases e da estrutura deste certame ao que se poderán presentar as obras realizadas en Galicia ou por galegos. Alén da sección oficial, haberá unha Mostra de Cine Xuvenil, para producións realizadas por adolescentes, e Foros de debate nos que analizará a situación do cinema galego e as dificultades para a súa distribución. O II Festival Primavera do Cinema celebrarase en Vigo do 29 de maio ao 2 de xuño.. Amplía a nova>>

06/03/2013
A asociación de directores e realizadores reestrutura a súa xunta directiva

A mediados de febreiro tivo lugar unha reunión da xunta directiva da asociación de realizadores e directores de Galicia, CREA. O presidente segue a ser Jorge Coira e Juan Lesta continúa como vicepresidente. O secretario é Gaspar Broullón e Susana Sotelo a tesoureira. Os vogais da nova xunta directiva son Ramón Costafreda, Manolo Abad, Sonia Méndez, Pela del Álamo e Giselle Llanio. . Amplía a nova>>

05/03/2013
Comeza a rodaxe de Todos os santos dirixida por Chema Gagino

Todos os santos é unha comedia que conta a historia de tres irmáns que, tras quedar orfas, deciden xuntarse cada primeiro de novembro. Ao longo de tres anos descobren unha novidade na súa vida que alterará a vida das demais. Isabel Blanco, Manuel Cortés, Denis Gómez our Arturo Zas son os actores desta película para televisión coproducida entre a CRTVG e Artemática, con axuda de Agadic e a Fundación Tic. A produción iniciou a súa rodaxe este luns en diferentes localizacións da Coruña e de Lugo.. Amplía a nova>>

<< Anterior Siguiente >>

Noticias|Reportaxes|Historia|Documentos|Certames|Boletíns|Como estar en AVG |Vantaxes de AVG |Avísanos

AVG | O soportal do audiovisual galego | culturagalega.org


Consello da Cultura Galega
Pazo de Raxoi, 2 andar. 15704 Santiago de Compostela (Galicia)
Tfno: 981957202 / Fax : 981957205 / e-mail: redaccion@culturagalega.org