Somos xente honrada, de Vaca Films, chega as carteleiras o vindeiro 7 de xuño

Miguel de Lira, Manuel Lozano, Morris ou Pico son algúns dos actores do filme

12/3/2013 | Redacción: Santiago. Redacción | Seccións: audiovisual
8 lecturas | Compartido 0 veces

Fotograma do filme

Suso e Manuel son dous amigos de toda a vida, país de familia, que chegaron aos cincuenca sen traballo e cartos. Un día atopan un paquete con dez quilos de cocaína e deciden comezar a vendela para saír da miseria. Cioa súa decisión chegan tamén as dúbidas. Somos xente honrada chegará ás carteleiras o vindeiro 7 de xuño e conta no reparto con numerosas caras galegas como Miguel de Lira, Manuel Lozano, Antonio Durán “Morris” , X. Manuel Olveira “Pico”, Ricardo de Barreiro, Luisa Merelas ou Luis Iglesia. O filme rodouse íntegramente na Coruña durante o verán de 2012. Está coproducida polo Terraat, Vaca Films, e a produtora portuguesa Persona Non Grata Pictures (Portugal). Conta coa participación de Televisión Española (TVE), Televisió de Catalunya (TVC), máis o apoio do ICAA, o ICEC e a AGADIC. Somos xente honrada chegará aos cines distribuída por Filmax.
Ligazóns externas

Universo culturagalega.gal

23/05/2013

Xente do país

O vigués Alejandro Marzoa presenta en Cans a súa primeira longametraxe