
A traxectoria profesional de Xosé Manuel Olveira é moi ampla e extensa na que soubo combinar a faceta audiovisual coa teatral. Arrincou en 1972 co Teatro de Cámara DITEA pero pronto, trala constitución do Centro Dramático Galego, participou en máis dunha vintena das súas actividades. Neste traballo, Xosé Manuel Olveira recibiu catro premios MarÃa Casares (1999, 2000, 2002 e 2013) e o Maruxa Villanueva de Teatro (2009). No sector cinematográfico Pico ten traballado con directores galeo scomo Antón Reixa, Héctor Carré, Jorge Coira ou Alfonso Zarauza, como directores do panorama estatal como José Luis Cuerda, Gracia Querejeta ou Alejandro Amenábar. O sector audiovisual recoñeceu esa carreira nos Premios Mestre Mateo 2008 da Academia Galega do Audiovisual (entregados en 2009) recibiu o galardón de mellor interpretación masculina de reparto por Os mortos van ás présas. Pero o seu palmarés é tamén amplo: por Retornos levou en 2011 o premio Mestre Mateo á mellor interpretación masculina de reparto e recibiu o Premio Augusta ao mellor actor no Festival Internacional de Cinema Independente de Braga, Bragacine, polo seu papel protagonista en Simbad.
Xosé Manuel Olveira tamén asumiu postos de responsabilidade no marco do sector e estivo á fronte da Academia Galega do Audiovisual entre 2009 e 2011.
No programa televisivo "Air Galicia"

Na curtametraxe "A boa caligrafÃa"

Pico, á esquerda, na montaxe "Aeroplanos"

Pico, á esquerda, na montaxe doCDG As Actas Escuras

Na curtametraxe "A Subela" de Luis Avilés

Pico, á dereita, na pelicula "Doentes"

Un repaso pola carreira profesional
Documento extraÃdo da súa ficha na AAAG