Jorge Coira, Belén Montero e Juan Lesta revisan en clave audiovisual a exposición Gallaecia Petrea

A masterclass terá lugar o vindeiro martes 12 ás 17:00 horas

A exposición da Cidade da Cultura, Gallaecia Petrea terá o vindeiro 12 de marzo unha nova ollada. É a que ofrecen tres coñecidos realizadores galegos, Jorge Coira, Belén Montero e Juan Lesta, que ofrecerán unha masterclass explicando como visitar a exposición desde o punto de vista audiovisual. Durante tres horas verán un documental (Sentindo a pedra) e coñecerán como se fan os contidos audiovisuais específicos para ser visionados nun museo, desde a elaboración da proposta inicial á produción das pezas, a relación das imaxes cos visitantes ou as formas de narración diferenciadas. A entrada é de balde, previa inscrición no web da Fundación Cidade da Cultura.