Unha visita a Gallaecia Petrea (6 e final): o escudo da Cidade da Coruña e unha peza de Cristino Mallo

Con estas pezas rematamos o noso paseo pola exposición

Un escudo do XVII da cidade da Coruña relata todas as orixes mitolóxicas da cidade e nos ofrece unha visión privilexiada da estrutura orixinal do faro romano, vixente ata o momento. Jorge García, guía da exposición Gallaecia Petrea, que se pode visitar na Cidade da Cultura, amósanolo. Canda a isto, chegamos ao final do noso percorrido pola exposición Gallaecia Petrea observando como a pedra seguiu sendo un material moi recorrido polos artistas plásticos galegos da contemporaneidade. Esta peza de Cristino Mallo ten detrás toda a historia persoal do autor. Gallaecia Petrea está aberta ata o 15 de decembro.