A Xunta aproveita a exposicion Gallaecia Petrea para restaurar varias pezas valiosas

Poderase visitar durante seis meses, a partir de xuño, no Museo da Cidade da Cultura

| Santiago. Redacción | Seccións: Historia
Compartir:

Custará 1,5 millóns de euros e servirá para ter unha perspectiva da evolución da pedra como soporte artístico en Galicia desde a Prehistoria ata os artistas contemporáneos. A mostra "Gallaecia Petrea" inaugurará o edificio do Museo da Cidade da Cultura e será un dos proxectos expositivos máis ambiciosos da Galicia contemporánea. Segundo a Xunta, a mostra esixiu unha "selección de pezas do máis alto valor histórico recompiladas por Galicia pero tamén en Portugal e Asturias, "xa que estes territorios abarcaban a antiga provincia romana". A mostra valerá para restaurar "pezas valiosas". A Fundación Cidade da Cultura aprobou hoxe a licitación do servizo de produción, montaxe e desmontaxe da exposición por case 680.000 euros máis IVE.

Que che parece esta nova?
55 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

A grosa liña de pedra

A grosa liña de pedra

A mostra inclúe máis de 300 pezas de arte do territorio da antiga Gallaecia

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Gallaecia, Prehistoria, IVE, Asturias...