Tímpano da igrexa de San Xoán de Palmou. Foto: Gallaecia Petrea
O noso país está construído a partir da pedra como pegada cultural. A mostra Gallaecia Petrea, comisariada por Miguel Fernández Cid canda especialistas en diferentes épocas, representa no Museo de Galicia a evolución cultural de Galicia a través do emprego da pedra nas súas manifestacións funcionais, relixiosas ou artísticas. O resultado é unha visión do país ao longo dos séculos.
Desde a prehistoria ata o mundo contemporáneo. Desde o sagrado ata o profano, desde o ornamento ata o enigmático. Esta é a presenza da pedra en Galicia, un país que empregou principalmente o granito desde a prehistoria como material no que inmortalizar a secuencia de visións do mundo. Así se aprecia nas diferentes plantas do recén inaugurado Museo de Galicia da Cidade da Cultura, o último dos edificios en abrirse ao público.
A exposición está dividida en épocas, e cada época contou cun especialista dedicado. A Prehistoria a Ignacio Vilaseco, da Dirección Xeral de Patrimonio; a época romana ao catedrático emérito da Universidade de Santiago Antonio Colmenero, a medieval a Carlos Valle, a Moderna a Ana Goy Diz e a Contemporánea a Miguel Fernández Cid, que ademáis foi comisario xeral da exposición. A maiores, o catedrático de Xeoloxía Vidal Romaní encargouse da parte de Xeoloxía, se cadra a máis diferenciada da exposición. Se todas as áreas están orientadas á exhibición de pezas pétreas, a área de Xeoloxía, canda unha maxestuosa fotografía do Pindo, presenta esencialmente coleccións bibliográficas e documentais ao redor do estudo da ciencia da xeoloxía en Galicia, prestando especial atención ao Laboratorio de Xeoloxía de Laxe, fundado por Parga Pondal despois da Guerra Civil. A exposición contou cun orzamento de 1,5 millóns de euros, e segue o ronsel doutras importantes exposicións públicas como Galicia no Tempo.
A exposición distribúese cunha estética "pobre". As pezas están depositadas sobre caixas de madeira sen varnizar cunha pequena ficha lateral. Algunhas delas, especialmente no ámbito da prehistoria e romanización, son pezas senlleiras da historia de Galicia. Hai guerreiros, trisqueis, aras romanas (unha dedicada a Diana por un intrigante devoto, que tivo unha "visión"), unha sorte de braseiro que facía de iluminador procedente da Torre de Hércules e moitos elementos máis. En xeral, tamén faltan como é obvio, numerosas pezas posteriores, da arte relixiosa, que están incrustadas e localizadas aínda nos seus movementos e, xa que logo, non se poden retirar.