A exposición 'Pensar coas mans' amosa a evolución da artesanía galega

Abre na Cidade da Cultura ata o 8 de setembro

| Santiago. Redacción | Seccións: SociedadeExposicións
Compartir:
Foto: Cidade da Cultura

Foto: Cidade da Cultura

O Museo Gaiás inaugurou hoxe a exposición "Pensar coas mans. Cestería, cerámica e xoiería de Galicia". A mostra recolle, a través de 250 pezas, a evolución no tempo da artesanía de Galicia desde a actualidade ata as orixes. Cestería, cerámica e xoiería xúntanse nun proxecto "que permite contemplar a evolución e pervivencia da tradición" desde a prehistoria ata hoxe en día. A mostra está comisariada por Verónica Santos e a disposición expositiva é da arquitecta Izaskun Chinchilla. Na exposición haberá tamén obradoiros, charla e demostracións artesanais. Poderase ver no Museo Gaiás da Cidade da Cultura ata o 8 de setembro.

Que che parece esta nova?
63 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Museo Gaiás, Verónica Santos, Prehistoria, Cidade da Cultura de Galicia

Claves

Protagonistas
Conceptos
Lugares