Abre Con-Fío en Galicia, a grande exposición do Gaiás para este ano

A mostra percorre a evolución da moda no país e pode verse ata o vindeiro 11 de setembro

| Santiago. Redacción | Seccións: ModaExposicións
Compartir:
Abre Con-Fío en Galicia, a grande exposición do Gaiás para este ano

O Museo Centro Gaiás da Cidade da Cultura abre hoxe Con-Fío en Galicia, a grande aposta expositiva do complexo para este ano. Ata o vindeiro 11 de setembro poderá verse esta iniciatia que comisaría Miguel Anxo Seixas e que pretende "render homenaxe a un sector que conseguiu situar Galicia nun lugar de referencia no panorama internacional". A mostra percorre a través de 300 pezas a eclosión que se viviu nos anos 80 con firmas como Adolfo Domínguez, Roberto Verino, Antonio Pernas, Florentino ou Caramelo e o fenómeno Inditex. Canda a eles poden verse creacións de deseñadores actuais como Sara Coleman, Eva Soto ou José Castro. Ademais, amósase a historia do sector desde a Prehistoria, cos inicios da industria téxtil e fitos destacados deste ámbito. A montaxe abre ao público esta mesma tarde, ás 16 horas, e a entrada á mostra será de balde durante todo o período de actividade.

Que che parece esta nova?
80 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Moda, Adolfo Domínguez, Prehistoria, Museo Centro Gaiás...