Cinco deseñadores galegos participan na Mercedes Fashion Week

María Barros, Sara Coleman, Roberto Verino, José Matteos e Eva Soto amosarán o seu traballo

| Santiago. Redacción | Seccións: Moda
Compartir:

A antiga pasarela Cibeles, agora chamada Mercedes Fashion Week, contará cunha nutrida presenza galega. Entre o 13 e o 17 de setembro cinco deseñadores galegos achegarán as súas creacións en Madrid. Pesos pesados como Roberto Verino estreará a súa colección Carmen, a coruñesa María Barro amosará o seu traballo arredor do viño mentres Sara Coleman exporá a súa colección Organic Code ao tempo que estrea imaxe corporativa. No apartado Off estará presente José Matteos mentres Eva Soto repetirá na sección EGO para novos talentos.

Que che parece esta nova?
63 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Madrid

Claves

Lugares