Seis galegos adiantan a primavera-verán do 2013 esta semana en Madrid

A participación galega nesta edición da pasarela é maioritariamente feminina

| Santiago. Redacción | Seccións: Sociedade
Compartir:
Estilismo de Sara Coleman

Estilismo de Sara Coleman

Kina Fernández, Sara Coleman, María Barros e Roberto Verino exhibirán as súas propostas para a primavera-verán de 2013 a partir deste xoves en Madrid. Será no marco dunha nova edición da pasarela Mercedes Benz Fashion Week Madrid, antes coñecida como Cibeles. As súas propostas só coinciden nun aspecto como é o seu extenso colorido, xa que cada deseñador preparou unha colección inspirada en aspectos diferentes. Sara Coleman ofrecerá estilimos enraizados nas profundidades mariñas, mentres que Verino fará numerosas referencias á cultura española nun colección floreara, con moito encaixe e de aire retro. Completa a participación galega a persenza de José Matteos na seccion Off e Eva Soto na plataforma para novos creadores, EGO.

Que che parece esta nova?
49 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Madrid, Museo de Arte Contemporánea de Vigo (MARCO)