Abondosa participación galega na renovada Cibeles Fashion Week

Roberto Verino abrirá un encontro no que tamén están María Barros e Sara Coleman

Imaxe promocional da MBFWM de 2012
Imaxe promocional da MBFWM de 2012
A tradicionalmente coñecida como Pasarela Cibeles volve reinventar o seu nome unha vez máis e abandona o Cibeles Fashion Week para pasar a chamarse Mercedes-Benz Fashion Week Madrid. O que non muda é o seu interese por ofrecer as últimas tendencias do sector textil, da man dos principais creadores do Estado. Nesta ocasión existe abondosa presenza galega coa participación de María Barros, Kina Fernández, Sara Coleman e Roberto Verino nos desfiles principais. Haberá tamén savia nova no apartado destinado para as novas promesas. David del Río e Mercedes Castro participarán nesta edición de El Ego. A cita coa moda terá lugar en Madrid do 1 ao 5 de febreiro de 2012.