Novas | 1811 a 1820 de 4220

<< Anterior Siguiente >>

04/03/2013
O ciclo Creadoras Galegas de Imaxe chega ao CGAI

O Centro Galego de Artes da Imaxe iniciaba o pasado sábado as proxeccións do ciclo Creadoras Galegas de Imaxe. O programa desenvolvido polo Consello da Cultura Galega achega un total de seis filmes ao centro coruñés, e as proxeccións continuarán os vindeiros 8 e 9 de marzo. As películas previstas son Nós, operarias de Sogental, Apuntamentos para un filme. A cicatriz branca, Aadat e APASH os de fóra que fixeron parte da II edición deste ciclo dedicado á creación cinematográfica feminina no país.. Amplía a nova>>

01/03/2013
Seis traballos compoñen a sección Cinema Galego do Play Doc

O bo momento que vive o cinema de autor e independiente en Galicia terá o seu réflexo nesta edición do Play Doc. No marco da sección Cinema Galego, proxectaranse seis títulos que chegan despois dun longo percorrido en festivais, mostras e con algún título debaixo do brazo. Eses traballos son Fóra, de Pablo Cayuela e Xan Gómez Viñas; Imaxes segredas de Diana Toucedo; A fenda de Marcos Nine; Montaña en Sombra de Lois Patiño; N-VI de Pela del Álamo e Piedade de Otto Roca. Ademais, para completar esa revisión do contexto actual da creación de non ficción, o historiador de cinema Manolo González moderará un debate aberto ao público no que participarán os directores dos filmes galegos seleccionados, críticos e programadores.. Amplía a nova>>

27/02/2013
A Fundación Araguaney suspende en Santiago o festival euroárabe Amal

Era unha cita clásica do calendario cinematográfico de Santiago instalada no último trimestre do ano. Fiel á orientación da Fundación Araguaney, entidade que o organizaba desde hai unha década, Amal pretendía achegar a problemática árabe a través de filmes realizados neses países ou en Europa. Sufriu numerosas modificacións ao longo da súa historia e desde hai un tempo realizaba mostras da sección oficial en diferentes ciudades españolas e latinoamericanas. De feito, malia que en 2013 non haberá sección oficial competitiva. Os motivos, para o presidente da Fundación, Ghaleb Jaber, “a falta de apoio institucional, sobre todo por parte do concello, que mantivo unha actitude belixerante”. . Amplía a nova>>

26/02/2013
Agapi analiza os efectos da dixitalización cunha xornada

Os contidos transmedia, a social tv, a innovación e a creación, os hábitos de consumo… estes son algúns dos efectos da dixitalización do sector audiovisual. E de todos eles falarase nunha xornada que a Asociación Galega de Produtoras Independentes, Agapi, celebrará o vindeiro día 12 de marzo.. Amplía a nova>>

25/02/2013
Aberto o prazo para participar no MIPTV de Cannes

Do 8 ao 11 de abril de 2013 ten lugar unha das citas de contidos para televisión máis importantes de Europa, o MIPTV. Unha cita á que asistirá a Agadic coas empregas galegas que o soliciten. De feito, está aberto o prazo de presentación de solicitudes ata o vindeiro xoves 28 de febreiro. Por mor do convenio asinado co IGAPE en 2012, acudirá Agadic (asumindo as competencias do extinto Consorcio Audiovisual) e estará presente no pavillón Audiovisual from Spain cun “stand promocional e unha mesa de reunións a disposición dos profesionais galegos que a precisen para as súas xuntanzas de negocios, ademais de sufragar parte dos gastos derivados da asistencia a este mercado (financiarase o rexistro, pasaxe de avión e tres noites de aloxamento para un representante de cada empresa)”.. Amplía a nova>>

22/02/2013
Mar Sánchez Sierra é a nova secretaria xeral de Medios

O consello da Xunta deixou novos nomeamentos no Executivo, un deles no que ten lugar na Secretaría Xeral de Medios. Cesa Alfonso Cabaleiro, que deixa o seu sitio a Mar Sánchez Sierra, que ata o momento era a directora xeral de Comunicación. Sánchez Sierra ten entre os seus retos desta lexislatura, o desenvolemento de retos que quedaron pedentes da anterior lexislatura como a aprobación da Lei de Publicidade Institucional, a de promoción de medios de comunicación de Galicia e reforma da do audiovisual. Ademais, será no seu mandato cando se execute o establecido na nova lei da CRTVG que converte o organismo público nunha corporación, así como a actividade do Centro Galego de Artes da Imaxe (CGAI) adscrito a este departamento desde o ano 2006. . Amplía a nova>>

22/02/2013
Arraianos de Eloy Enciso entre a selección oficial de Play Doc

Son moitas as características que fan de Play Doc un festival de referencia. Unha programación moi coidada desde a sección oficial ata as actividades paralelas, unha coherencia en toda a súa esencia e unha evolución constante. Nesta edición, Play Doc acaba de presentar unha selección oficial con cinco títulos de destacados proxectos e nomes do panorama documental independente a nivel mundial. Tres irmás – Soas o último traballo de Wang Bing, destacado documentalista chinés; dous títulos premiados este ano noutros certames como son Sofia's Last Ambulance de Ilian Metev ou Le libraire de Belfast de Alessandra Celesia; The Patron Saints de Brian M. Cassidy e Melanie Shatzky, e Arraianos do galego Eloy Enciso conforman a selección oficial desta edición. A cita, do 13 ao 17 de marzo, en Tui.. Amplía a nova>>

20/02/2013
Compostela estreará en xuño o I Festival de Cine e Televisión Camiño de Santiago

Compostela contará neste ano 2013 cun novo festival de cine. Chámase Festival de Cine e Televisión Camiño de Santiago e xorde, segundo o seu sitio web para ofrecer o “mellor cine feito en España”. A cita terá lugar do 3 ao 7 de xuño e xa está aberto (ata o 20 de maio) o prazo de presentación de traballos. O certame concederá tres galardóns (premio estela á mellor longametraxe, premio estela á mellor actriz e premio estela ao mellor actor). Só o apartado de longametraxes ten dotación económica cun único premio de 10.000 euros. Contará con varias seccións oficiais a proxección, que terá lugar no Teatro Principal, así como un programa de actividades que inclúe desde encontros, exposicións, obradoiros e mesas redondas.. Amplía a nova>>

20/02/2013
Valor propio

“A situación actual fai que teñamos que reconducir o audiovisual galego e o camiño pasa por controlar todo o proceso” asegura Daniel López, responsable de Mandeo Records que con Rapperswill abre unha nova liña de traballo. Unha produción propia, con guión equipo técnico e artístico local para contar “a historia de dúas persoas que se atopan despois de 20 anos e que teñen con contas pendentes”.. Amplía a nova>>

18/02/2013
Publícase na rede o documental sobre o merdeiro

Aínda que non se agarda que estivese dispoñible ata logo do Entroido, o grupo de creadores que desenvolveu o documental Os merdeiros: A recuperaçom está xa dispoñible de xeito íntegro en Vimeo. Entrevistas, testemunhas, información sobre a orixe deste personaxe vigués, por qué desapareceu e como se abordou a súa recuperación. O proxecto desenvolveuse integramente con sofware libre e publícase baixo licenza Creative Commons.. Amplía a nova>>

<< Anterior Siguiente >>

Noticias|Reportaxes|Historia|Documentos|Certames|Boletíns|Como estar en AVG |Vantaxes de AVG |Avísanos

AVG | O soportal do audiovisual galego | culturagalega.org


Consello da Cultura Galega
Pazo de Raxoi, 2 andar. 15704 Santiago de Compostela (Galicia)
Tfno: 981957202 / Fax : 981957205 / e-mail: redaccion@culturagalega.org