Valor propio

Mandeo Records iníciase na produción audiovisual propia coa mediametraxe Rapperswill

“A situación actual fai que teñamos que reconducir o audiovisual galego e o camiño pasa por controlar todo o proceso” asegura Daniel López, responsable de Mandeo Records que con Rapperswill abre unha nova liña de traballo. Unha produción propia, con guión equipo técnico e artístico local para contar “a historia de dúas persoas que se atopan despois de 20 anos e que teñen con contas pendentes”.

Hai en Rapperswill dúas características que a converten nunha produción peculiar. Dunha banda, que promove o valor local ata tal punto que converxen nela creadores, artistas e persoas non afeitas ao sector audiovisual. Todos eles de Betanzos, como unha especie de tributo á localidade na que se asenta profesionalmente Mandeo Records. A segunda, é unha aposta técnica pola Black Magic. “É unha cámara que ten un sensor 2k en cine dixital, no que se emiten nas salas de cine dixitais, que é moi compacta e vai revolucionar o mercado do mesmo xeito que fixeron as cámaras dixitais hai anos” explica Daniel López.

Rodarase en castelán pero estará dobrada en galego, inglés, francés, alemán e chino. A súa estrea terá lugar en Youtube, onde para Daniel López, "contará cunha canle propia para que se poida ver en todo o mundo".

Un camiño propio
Deste xeito abren unha liña de traballo de produción propia coa que teñen tres traballos en marcha. “O audiovisual pasa por crear historias boas, produtos bos e que nós poidamos vendelos en depender de tv e de subvencions” asegura López. Alén de Rapperswill que esperan rodar nos vindeiros meses, teñen un documenal histórico Cidade de cabaleirosque esperar gravar nos caneiros (festa local do 16 de agosto) así como unha curtametraxe que volverán ao Betanzos do século XIV. “Neste caso é moi probable que haxa ademais unha edición da novela que inspira a curta”.



*Información corrixida. A cita de apertura foi modificada por solicitude de Mandeo Récords.