O bo momento que vive o cinema de autor e independiente en Galicia terá o seu réflexo nesta edición do Play Doc. No marco da sección Cinema Galego, proxectaranse seis títulos que chegan despois dun longo percorrido en festivais, mostras e con algún título debaixo do brazo. Eses traballos son Fóra, de Pablo Cayuela e Xan Gómez Viñas; Imaxes segredas de Diana Toucedo; A fenda de Marcos Nine; Montaña en Sombra de Lois Patiño; N-VI de Pela del Álamo e Piedade de Otto Roca. Ademais, para completar esa revisión do contexto actual da creación de non ficción, o historiador de cinema Manolo González moderará un debate aberto ao público no que participarán os directores dos filmes galegos seleccionados, críticos e programadores.