Do 8 ao 11 de abril de 2013 ten lugar unha das citas de contidos para televisión máis importantes de Europa, o MIPTV. Unha cita á que asistirá a Agadic coas empregas galegas que o soliciten. De feito, está aberto o prazo de presentación de solicitudes ata o vindeiro xoves 28 de febreiro. Por mor do convenio asinado co IGAPE en 2012, acudirá Agadic (asumindo as competencias do extinto Consorcio Audiovisual) e estará presente no pavillón Audiovisual from Spain cun “stand promocional e unha mesa de reunións a disposición dos profesionais galegos que a precisen para as súas xuntanzas de negocios, ademais de sufragar parte dos gastos derivados da asistencia a este mercado (financiarase o rexistro, pasaxe de avión e tres noites de aloxamento para un representante de cada empresa)”.