O documental Sophia's last ambulance, dirixido por Ilian Metev, foi escolleito polo xurado como o mellor filme da edición do festival Play-Doc de Tui. A gañadora do evento, que finalizaba onte, narra o dÃa a dÃa dos traballadores dunha ambulancia na capital de Bulgaria, e xa fora recoñecido co premio da Semana da CrÃtica no Festival de Cannes. Segundo explicaron os membros do tribunal, Nick Bradshaw, Hans Hurch e Luis Miguel Oliveira, "Sofia's Last Ambulance amósanos a tres persoas traballando na capital de Bulgaria como pilotos dunha nave espacial. Centrándose exclusivamente na súa rutina diaria e en como reaccionan aos desafÃos, confronta a nosa imaxinación cos problemas concretos dunha sociedade ao borde do colapso social e económico. O seu delicado equilibrio do visible e o invisible toca o corazón do que o cinema pode ser e facer".